| o 21-03-2007
|
Visitas : 608 |
 O IV Torneo Intercontinental de bolos celtas celebrarase os proximos días nos distintos Centros sociais do Val Miñor en Montevideo e Bos Aires. A máis do centro de Cangas del Narcea en Arxentina. Os días 30, 31 de marzo e 1 de abril iniciarase o torneo no C.Deportivo e Social Val Miñor (Uruguai) O 6 de abril o torneo viaxará a Arxentina para disputar o encontro no Centro Cangas del Narcea, Arxentina. O 7 de abril o encontro celebrarase no Círculo Social Valle Miñor en Arxentina, para finalmente o 8 de abril disputar a final no Centro Galicia de Bos Aires. Participan os equipos representativos da Federación Española, Federación Galega, Centro Deportivo e Social Val Miñor de Uruguai e Asociación Arxentina de Bolos.
|
|
|
|