| o 23-03-2007
|
Visitas : 553 |

Este sábado 24 de marzo, terá lugar a Entrega do premio "Roberto Vidal Bolaño" 2007. O galardoado este ano é Celso Parada, director da compañía Teatro do Morcego, Despois da entrega, Teatro do Morcego representará para o publico de Gondomar o clásico de Moliére "O Burgués Fidalgo".
No Auditorio Lois Tobío, a partir das 22:00
TEATRO DO MORCEGO
Monsieur Jourdain é un rico e zafio comerciante que, nas súas aspiracións por mesturarse coa clase social superior, cae baixo o engano dun aristócrata sen escrúpulos que busca limparlle todo o seu diñeiro. A xuízo de moitos, O Burgúes Xentilhome ou o Burgués Fidalgo é a obra máis divertida de Molière, na que xunta con mestría as situacións xocosas e a sátira mordaz do novo rico desquiciado por aparentar o que non é. Un tema, como se entenderá, moi actual. A nosa proposta acércase ao orixinal, pero cunha visón máis contemporánea sobre o escenario, con actores e músicos que recuperan a partitura orixinal de Lully, composta para Molière. …………………………. Duracion: 1 h 40 min. REPARTO “ O BURGUÉS FIDALGO”
SEÑOR JOURDAIN: Santi Prego. SEÑORA JOURDAIN: Luisa Merelas. NICOLASA, DORIMENA Maxo Barjas. PROFESOR DE MÚSICA, LUCILE: Blanca Cendán PROFESOR DE DANZA, CLEONTE; X. Carlos Mosquera “Mos”. MESTRE DE ARMAS, DORANTE: X. Estévez. PROFESOR FILOSOFÍA, COVIELLE: Mundo Villalustres. BAILARÍNS, LACAIOS: Leticia Alfaia, Ánxeles Soliño.
MÚSICO, ARRANXOS: Suso Alonso. PROFESOR CANTO Ramón Bermejo.
ESCENOGRAFÍA : Anabea e Pablo Giráldez “ Pastor” VESTIARIO: La Canalla. COREOGRAFÍA Letici e Anxeles ILUMINACIÓN Octavio Mas TÉCNICOS Diego e…….. TRADUCIÓN: HENRIQUE HARGUINDEY.
AXUDANTE DIRECCIÓN: MARIANA CARBALLAL DIRECCIÓN: CELSO PARADA.
|
|
|
 |
|
|
|
|
|
...
Escrito por: brenda asnicar dice (Invitado) o 24-03-2008