Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

06 10/08
Portada arrow Novas arrow Nigrán arrow Desactivación dunha bomba nos chalets de Altamira en Nigrán
Desactivación dunha bomba nos chalets de Altamira en Nigrán PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 23-03-2007

Visitas : 569


Os tedax desactivaron ás dúas da tarde un artefacto explosivo nos chalets de Altamira en S. Pedro da Ramallosa Nigrán. Os chalets foran denunciados por irregularidades urbanísticas xa fais uns meses.  Non foi recalmada ainda autoría do atentado. 

Os obreiros que chegaban a traballar á construcción dos citados chalets, sito na rúa Francisca Lago, na parroquia de S. Pedro en Nigrán, atoparon esta mañá unha ola a presión cun letreiro que puña "PERIGO BOMBA".

Alarmados pola presenza do artefacto, puxeron en coñecemento da policía os feitos e inmediatamente foi acordoa a zoa á que non tardaron en chegar os TEDAX. 

Segundo fontes da policía local, os cans adestrados dos TEDAX detectaron indicios de explosivos, polo que o corpo especializado da policia decidiu detonar o artefacto.

A ola a presión contiña explosivos e metralla. Segundo fontes no lugar, a explosión foi considerable e foi sentida en todo o Val Miñor. 
Neste caso non houbo que lamentar danos persoais ainda que non foron valorados os danos materiais.
A estas horas a zona permanece acordoa cun forte dispositivo de seguiridade e so medios de comunicación invadiron xa o tranquilo barrio da Ramallosa.

Os  chalets  foran denunciados e paralizados por exceder a altura máxima permitida na zona.
Segundo EFE, O subdelegado do Goberno, Delfín Fernández, declinou calquera tipo de manifestación sobre este asunto, ata que avancen as investigacións.
O alcalde , Alfredo Rodríguez, restou importancia ao caso, aínda que dixo que haberá que deixar ás autoridades que prosigan as investigacións. 



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

  • Relacionadas
 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Consideras necesaria a intervención xudicial na situación económica de Nigrán?