Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

07 07/08
Portada arrow Canais arrow Deportes arrow III XORNADA MULTIDEPORTIVA EN GONDOMAR
III XORNADA MULTIDEPORTIVA EN GONDOMAR PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 29-03-2007

Visitas : 668


Os IES Auga da Laxe e o  IES Terra de Turonio de Gondomar organizan a III XORNADA MULTIDEPORTIVA E DE OCIO "QUE FALE O CORPO" este Venres 30 de marzo de 9:30h a 15:00h

O IES Auga da Laxe e o IES Terra de Turonio organizan conxuntamente o próximo venres, 30 de marzo a terceira edición de "Que fale o corpo", unha xornada de actividades multideportivas e de ocio na que profesorado e alumnado dos dous institutos de Gondomar poderán participar en 25 obradoiros de diferentes actividades relacionadas coa área de Educación Física. Con esta xornada preténdese promover entre a xente nova a realización de actividades físicas e de ocio pouco coñecidas, moitas delas difíciles de desenvolver habitualmente nas clases, que fomenten a convivencia entre o alumnado dos dous centros e que presenten novas ofertas que poderían ter saída no Concello de Gondomar a través de escolas deportivas ou cursos para a mocidade con aletrnativas sas e divertidas para o tempo de ocio.
Os vintecinco obradoiros previstos son: baloncesto en cadeira de rodas, batuka, béisbol, bici-tandem, capoeira, clown, cociña sa, dardos, esgrima, expresión corporal, ioga, karate, maquillaxe, masaxe, muiñeira, musicoterapia, papaventos, percusión, performance, pilates, risoterapia, salsa, tai-chi, tiro con arco e xadrez.


Os obradoiros desenvolveranse entre as 9:30h e as 15:00h nas instalacións dos dous institutos, no Pavillón Deportivo Municipal e no campo de fútbol de As Gaiandas e organízanse en tres quendas, de xeito que os 600 alumnos aos que vai dirixida a xornada poderán participar en tres das actividades, segundo as súas preferencias, guiados por monitores especialistas e supervisados e acompañados polo profesorado dos dous centros de ensino.

 



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >