Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

03 12/08
Portada arrow Novas arrow Baiona arrow Mexan por nós e efectivamente mexan por nós.
Mexan por nós e efectivamente mexan por nós. PDF Imprimir Correo-e
(3 votos)
 
o 10-04-2007

Visitas : 886


Positivo de coliformes fecaisHoxe coñecemos polos medios de comunicación que a ría de Baiona e o esteiro da Foz quedan pechados ao marisqueo por mor dos coliformes verquidos á ría. Algún pode pensar que pode ser unha nova especie invasiva de argazo da familia da coliflor. Pois non, os coliformes é o que vulgarmente se coñece como "merda".

Alarma social, preocupación dos mariscadores por non poder traballar e non recibir axudas coma no Prestige. Pero o tema resulta curioso cando isto xa o viñan anunciando varios colectivos ecoloxistas dende fai tempo, moi distinto ao do prestige que  ainda que foi un accidente previsible non era unha evidencia e realidade coma ésta, despois de que o marisco da zoa pasara a ser de categoría C. 

Ainda lembro de pequeno recoller cadelucha en Panxón, cun caldeiro pequeno de praia, e cun mar calmo coma un prato. Daquela non era furtivismo, era para consumo propio na casa, como fixeran os meus pais e os meus avós. De toda a vida. Agora tes que ter carné (porque hai pouco marisco) e tes que pasar a mercancía por depuradora. A iso lle chamo eu mellorar na calidade de vida.

Volvendo ao de antes, estes grupos ecoloxistas viñan avisando que a ría de Vigo é un vertedeiro incontrolado, denunciado pola Unión Europea (que parece que son os únicos que defenden aos veciños, por moita xustiza que paguemos e moito valedor que teñamos) e a ainda o queren enxurrar máis coa desfeita dos famosos puntos da ría que moito tempo atrás ven mencionando Salvemos Monteferro na súa web.

Istás son as consecuencias de un urbanismo salvaxe e fóra de control, sen preocupación polos servizos básicos que miden a calidade de vida dos veciños da comarca, que xustamente é a principal lanza turística do concello de Baiona. E por moito que diga Manuel Villar (Coalición Miñorana) que a "culpa de todo isto é de Nigrán e Gondomar", o señor Villar ten que agachar a cabeza públicamente e admitir que a culpa disto tamén é del, por pasar de puntillas por este tema cando era alcalde na vila mariñeira e daquela Baiona tamén fedía mal. 

O mal da ría de Vigo non é culpa de Nigrán e Gondomar por moito que quera enfrontar aos veciños, o mal de Baiona é culpa dos alcaldes de Baiona, de Nigrán, de Gondomar, de Vigo, de Redondela, de Vilaboa, de Cangas, de Moaña....e de todos os concellos que enlazan os seus emisarios á ría.

E isto é así, o pan dos mariñeiros estánllo quitando, pero isto xa ven depois de moitos avisos, de moitas denuncias, de varias manifestacións, e agora aos que nos sorprende é aos que nos puxemos no seu día detrás dunha pancarta para protestar precisamente por isto.

Pasou en Moaña,  un veciño denunciaba directamente ante a Unión Europea a situación vergoñenta do emisario da súa localidade que vertía a merda sen depurar directamente ao mar....e tivo que acudir á Union Europea porque os nosos alcaldes argumentan o asunto con que  "non pasa nada, o mar traballa muito"... i é certo que o mar traballa muito pero o problema é que son os alcades os que traballan pouco.

Uns concellos, con presupostos anuais que rondan preto dos 20 millóns de euros,... que gastaron eses presupostos e que ainda están endeudados noutros tantos. Onde se invertiu todo ese diñeiro?.... agora temos que preguntarllo a Xunta?  a Unión Europea?  por que non llo preguntamos aos mesmos alcaldes que están agora tirando balóns fora no asunto, e póndose do lado dos veciños coma se eles fosen víctimas tamén do asunto, e amósanse incrédulos de que algo así ocorrese en Baiona.

 

É que como todos sabemos os ecoloxistas son uns alarmistas... o cambio climático, iso a saber que é, ...ciencia ficción dalgún biólogo pirado que non ten outra cousa que facer....pero agora dámosnos conta de que non é tal conto e a cousa vai máis rápida do que pensabamos......Pois quizais os ecoloxistas non sexan o suficientemente alarmistas porque se non a xente xa estaría na rúa pondo aos políticos "a cair dun burro" por estragar o pouco que queda, "o pan" de eses mariñeiros que defenden agora.

Nigran, verte merda dende sempre, dende que non tiña depudadora, dende que non era suficiente, dende que a que está ten o emisario roto, e segue sendo insuficiente....e logo o alcalde quería incrementar o dobre de vivendas e Avelino en 150.000 Cojonudo.  A OCU, dixo na súa revista que o estado de limpeza das súas praias era dos peores... e iso o sabe o alcalde, pero tampouco importa. E os veciños denunciaron fai pouco as deficiencias dun servizo de recollida que pouco máis está compartido entre Baiona e a Guarda.

Gondomar, o mesmiño conto. O caso é que en vez de tirar a merda  no mar a tira directamente ao río Miñor para que vai deixando coliformes ata a Foz, onde está o marisqueo. E logo defenden a súa impecable xestión municipal.

E Baiona, por moito que Villar e Almuiña tiren balóns fora, é tan culpable deste desastre como o resto. Baiona, porque non ten depuradora dende sempre, só teñen un lamentable "maquineto" debaixo do paseo de Pinzón, que apesta, e que non funciona.
Só temos que achegarnos á desembocadura do río do Burgo para ver o precioso espectáculo da escuma flotando na auga e deixando os limos sospeitosos en todas as rochas. Ou a Baredo para ver como o cada vez que no Rocamar se tira da cisterna do water resoan as cañeiras pegadas con cemento por riba das rochas. 
O mesmiño que ocorre no precioso Club Nautico de Panxón. Todo un espectáculo sonoro.

Baiona, é o municipio que PEOR, e digo ben, O PEOR servizo de recollida de residuos urbáns ten do Val Miñor sómentes tes que achegarte a ver os contenedores de Sabarís, Belsar,... e ver que están rotos, son insuficientes, xamáis foron limpados, e os sitios onde están colocados son un foco de moscas, gatos e ratas...porque a maioría non teñen nin tan siquera tapa.

A culpa non é dos veciños, señores alcaldes, nin da Xunta, nin do goberno central, nin da Unión Europea.... a culpa é única e exclusivamente súa porque vostedes preséntanse a unhas eleccións como xestores, como defensores dos intereses cidadáns, como os "Cids Campeadores" e os "Robin Hoods" da política municipal... e vostedes son os mesmos que terían que estar chamando ás portas de cada consellería pedindo unha solución, vostedes son os mesmos que terían que avisar aos veciños de si é que a Xunta non lles fai caso para que os veciños o saiban e fagan presión, vostedes son os mesmos que terían que realizar estudos e facer pública unha situación que verdadeiramente é de alarma social, vostedes son os mesmos que terían que pedir o apoio dos colectivos da comarca para presionar e por fin a situación.....

Se vostedes tiveran vontade de solucionar o problema terían que haber feito algo disto e non fixeron nada, máis que aguantar o chaparrón e a ver que pasa, e se pasamos de puntillas polo aunsto sen facer moito ruido millor. Que do que se trata aquí é de pasar desapercibido para que nas seguintes eleccións volvan a votalo. Con V e non con B.

De que serve gastar 70 millós de presuposto en turismo para conseguir que a xente veña ás nosas praias se para cando cheguen van a atopar unha bandeira que impide bañarse porque a auga está contaminada?
Iso é literalmente tirar có diñeiro e ten un nome INCOMPETENCIA POLITICA, e fálta de sensiblidade mediombiental. E iso que todos os alcaldes son de curriculum. Doutores, licenciados, economistas,.....ainda que algúns se enteiraran da noticia hoxe pola prensa, ou se o sabían non querían recoñecelo. A iso lle chamo eu interesarse polos problemas dos cidadáns.

O que si me gustaría é leer na prensa que na seguinte caravana pola defensa do litoral da ría de Vigo estean integradas as cofradías de pescadores, os mariscadores, e os mariñeiros e todos os veciños do Val Miñor, porque efectivamente o que está en xogo é o seu pan e o das práximas xeracións. Pero tamén está en xogo a nosa reiqueza e o noso patrimonio natural.
 Dos alcades xa non espero nada, porque xa teño claro que isto non vai con eles.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Documentación Baiona

Documentación PXOM

Contido do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Baiona

  1. INFORMACIÓN URBANÍSTICA
    1. Memoria informativa (.pdf 1MB)
    2. Planos de información xeral (.pdf 114MB)
    3. Planos información dos núcleos rurais 1/2000 (.pdf 43MB)
    4. Planos de información do casco urbano 1/1000 (.pdf 32MB)

  2. ESTUDO DO MEDIO RURAL E ANÁLISE
    DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL
    1. Memoria medio rural (.pdf 2MB)
    2. Modelo de asentamento poboacional (.pdf 2MB)
    3. Fichas de núcleos rurais, planos e ortofotos (.pdf 2MB)

  3. ORDENACIÓN
    1. Memoria xustificativa (.pdf 16MB)
    2. Estratexia de actuación e estudo económico (.pdf 62MB)
    3. Planos de ordenación dos núcleos 1/2000 (.pdf 48MB)
    4. Planos de ordenación do casco urbano 1/1000 (.pdf 150MB)
    5. Planos de clasificación do solo. Estrutura xeral do territorio 1/5000 (.pdf 44MB)
    6. Planos de infraestructuras 1/5000

  4. NORMATIVA URBANÍSTICA
    1. Normativa urbanística de Baiona (.pdf 138MB)

  5. CATALOGO DO PATRIMONIO CULTURAL
    1. Patrimonio arquitectónico e etnográfico (.pdf 15MB)
    2. Patrimonio arqueolóxico (.pdf 15MB)

 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa