A Deputación de Pontevedra dentro do Proxecto Nea – Experiencia Atlántica convoca cursos multidisciplinares de Vela Lixeira, Piragüismo, Windsurf, Surf e Submarinismo.
As bases completas dos cursos e as follas de inscripción están na páxina:
www.formacionytrabajo.com tamén pode chamar ó: 902 027 622 O prazo de Inscripción é do 19 de Marzo ó 27 de Abril de 2007. A lista de admitidos publicarase na paxina anteriormente mencionada o 1 de Maio.
Condicións xerais: idades mínimas para a súa actividade, saber nadar e ser residente na provincia de Pontevedra.
O curso inclue o transporte ó lugar da actividade(saída da Praza de España - Pontevedra) e o xantar.
Vela Lixeira:
Lugar: LICEO CASINO DE VILAGARCIA.
Días: 12, 13, 18, 19 e 20 de Maio de 2007.
Duración: Curso dun día con horario de 10:00 a 20.00 horas.
Programa: Contacto coa terminoloxia náutica e principalmente coa navegación práctica.
Condicións: maiores de 7 anos e saber nadar.
Piragüismo:
Lugar: LICEO CASINO DE VILAGARCIA.
Días: 12, 13, 18, 19 e 20 de Maio de 2007.
Duración: Curso dun día con horario de 10:00 a 20.00 horas.
Programa: soster a pala corectamente, técnicas de remo e excursión en piragüas.
Condicións: maiores de 7 anos e saber nadar.
Windsurf:
Lugar: LICEO CASINO DE VILAGARCIA.
Días: 12, 13, 18, 19 e 20 de Maio de 2007.
Duración: Curso dun día con horario de 10:00 a 20.00 horas.
Programa: izar a vela, orientala ao vento e practicar coas táboas de iniciación.
Condicións: maiores de 13 anos e saber nadar.
Surf:
Lugar: PRAIA DA LANZADA.
Días: 12, 13, 19 e 20 de Maio de 2007.
Duración: curso de dous días con horario de 10:00 a 20:00 horas.
Participa: Federación Galega de Surf
Programa: co apoio de monitores e táboas de surf cabalgaremos as olas
Condicións: maiores de 13 anos e saber nadar.
Submarinismo:
Lugar: HOTEL GALATEA (Pontevedra)
Días: 12, 13, 18, 19 e 20* de Maio de 2007
Duración: Cursos de dous días con horario de 10:00 a 19:30 horas.
Participa: federación Galega de Actividades Subacuáticas.
Programa: na piscina climatizada faranse practicas de submarinismos autónomo con botella.
* O día 20 de maio practicaremos submarinismo en apnea no Parque Natural das Illas Cies.
Condicións: maiores de 7 anos e saber nadar.