.jpg)
Hoxe tivo lugar no Museo VERBUM - Casa das Palabras o acto de presentación da oitava edición do Medio Maratón Gran Bahía VIG-BAY. A este acto asistiron, entre outros, D. Eduardo Vieira Montenegro, Conselleiro Delegado do Grupo S.A. Eduardo Vieira e Presidente do Club de Corredores VIG-BAY; Dña. Teresa Pedrosa, Vicepresidenta de Deportes da Diputación de Pontevedra; Dña. Lucía Molares, Concejala de Deportes do Concello de Vigo; así como os Conselleiros Delegados e Presidentes de las demais firmas co-patrocinadoras e colaboradoras.
Durante o transcurso desta presentación, Eduardo Vieira agradeceu a todos os asistentes, tanto empresas como administracións e medios de comunicación, o apoio que ano tras ano brindan para que o Medio Maratón VIG-BAY sexa unha realidade totalmente consolidada na súa oitava edición.
Doutra banda, Teresa Pedrosa e Lucía Molares comentaron a posibilidade de participar na novena edición do VIG-BAY para incentivar a participación feminina na proba. A Organización tomou boa nota disto, pois este é un dos seus obxectivos prioritarios. Este ano, o número de atletas féminas ascende a 117, entre elas destacamos a Meritxell Calduch e a María Jesús Gestido, cunhas marcas de 1h 16:09 e 1h 18:50, respectivamente.
Tamén tivo lugar durante esta presentación a entrega de las ?ás VIG-BAY? aos distintos membros das forzas de seguridade. Isto é para agradecer a gran profesionalidad e esforzo que demostran ano tras ano as Policías Locais de Vigo, Nigrán e Baiona; o destacamento de Porriño da Garda Civil; e Protección Civil de Vigo e do Val Miñor.