Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

30 08/08
Portada arrow Opinión arrow Marcelino Pena, escultura forxada no Val
Marcelino Pena, escultura forxada no Val PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 24-04-2007

Visitas : 472


Foto Yanka Xl - Elia FuentesDo gondomareño Marcelino Pena case ninguén, salvo os achegados, coñecen a súa faceta como escultor e artista plástico, e isto ten un motivo. A súa dedicación a esta dificil técnica artística xurdiu fai pouco menos de 2 anos, pero sumado ao caracter autodidacta do artista supón un punto que engade máis valor a súa obra.

Marcelino Pena naceu en Gondomar, en plena transición a cabalo dunha nova Galiza que arrecendía aires de liberdade e de ilusións por recuperar parte dunha cultura popular soterrada.

Como dí Marcelo, "crieime no rural acompañando e aprendendo as lavores do agro." Constitúe a cuarta xeración familiar de canteiros ebanistas e artesáns. A súa actividade profesional versa ó redor das artes escénicas como a danza, o teatro e as performance despois de rematar os seus estudos na Escola Superior de Dança de Lisboa.

A súa paixon pola danza mesmo levouno a debutar como autor de dúas pezas de danza "Akandalova" e "Reversível, presentadas en Lisboa e Barcelona.

Fai dous anos, pasa a fronteira natural do Caurel e establece a súa residencia en Bélxica, sen deixar de lado as súas raices e contactos no Val Miñor. Para estraitar máis eses lazos, o artista gondomareño ven de publicar na internet unha galería con fotos das súas pezas.
http://sculpturepena.blogspot.com/

Marcelo tamén publica na mesmo web un achegamento a súa visión fotográfica da nosa contorna, cunha serie fotográfica de panóramicas de horizontes rotos. http://foto-pena.blogspot.com/

Foto - Marcelino Pena

"Olhando no vacio da paisagen. Perdendo a memoria no espaço.
Seguindo as pegadas do tempo. Um olho lento questiona."

                                                                              --Marcelino Pena

 

 

 




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >