Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

03 12/08
Portada arrow Canais arrow Motor arrow Presentación da revista número 5 do IEM
Presentación da revista número 5 do IEM PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 26-04-2007

Visitas : 649


Amigos/as do IEM: O próximo venres 27 de abril ás 20:30 h. na Capitanía Marítima de Baiona (rúa Elduayen) terá lugar o acto de presentación a REVISTA DE ESTUDOS MIÑORANOS. Trátase do número 5/6 correspondente aos anos 2005/06.

Para que vos fagades unha idea do seu contido indicámosvos o índice deste número. O químico e profesor do IES Escolas Proval Salvador Rodríguez Muñoz fornécenos unha achega a Os estudos metereolóxicos no Val Miñor no primeiro terzo do século XX. Pola súa banda a arqueóloga e directora do Proxecto de Investigación Chan do Cereixo, promovido polo IEM coa axuda da Fundación Barrié de la Maza , Rosa Villar Quinteiro achéganos unha Breve memoria do proxecto de investigación arqueolóxica na Chan do Cereixo, Donas, Gondomar. Resumo da campaña de traballo de campo 2006. Ao tempo o historiador Xoán Bernárdez Vilar apórtanos parte dun estudo moito máis demorado acerca da Ora marítima que denominou O Val Miñor na “Ora marítima” de Rufius Festus Avienus.

Os medievais castelos rochedos de Santa Helena e Morgadáns no Val Miñor, en Terra de Turonio é o traballo que nos achega o arquitecto Xaime Garrido Rodríguez coa colaboración de Natalia Zunzunegui Pérez.

O profesor Xulián Maure Rivas acércanos Un monumento de Baiona escrito en 1344, mentres que Antonio Taboada Táboas aporta un estudo das marcas epigráficas da fortaleza de Monte do Boi.

O profesor Remigio Nieto González realiza un estudo de Baiona no poema cabaleiresco Orlando furioso e ofrece unha versión á nosa lingua dalgunhas páxinas da obra cimeira da lingua italiana.
“Por la Religión y el Rey, morir es ley”. Liberais e absolutistas na corporación municipal de Baiona, 1825-1836 é o estudo que realizou para este número o historiador Juan Miguel González Fernández.

A profesora María Xosé González Chamorro recupera A memoria das escolas Proval. Testemuños dos seus alumnos e alumnas entre 1909 e 1934 e Xosé Alfredo Pereira Martínez á de A usurpación dos bens da Sociedade Agraria de Belesar e as súas ensinanzas,

O naturalista César Vidal Rodríguez achéganos A Chan do Cereixo, un dos valores naturais de Gondomar en perigo. Mentres o profesor César López Rodríguez fai un estudo en detalle de As bandas de música de Baiona,

Os Vinte e cinco anos da fundación da A. VV. “O Castro” de Chandebrito é a achega de Carlos Gómez Costas. Pola súa banda o profesor Juan J. Hermida valora as Perspectivas demográficas e urbanísticas do concello de Nigrán, 2005-2016, L

O pintor baionés Caino Vasconcellos achéganos unha serie de traballos, un dos cales ilustra a portada da revista, que enmarca cun breve texto denominado Beleza roubada.

O profesor Alberto Valverde Otero recupera a memoria dos que nos visitaron e deixaron escrito sobre nós en Unha viaxe pola Galiza a través dos cadernos de Fialho de Almeida.

As paxinas de creación correron a cargo do poeta Demetrio López Garrido, dos narradores Gonzalo Navaza e Veiga Casás, do xornalista Iglesias Viqueira e do asiduo colaborador da Revista de Estudos Miñoranos Antonio de Bade.

O acto comezará coa intervención do Coro e Grupo de Música do CEIP Covaterreña de Baiona dirixido polo profesor David Piñeiro. O membro da xunta de Goberno do IEM, Xosé Lois Vilar Pedreira fará unha presentación xenérica da Revista de Estudos Miñoranos e os colaboradores Caino Vasconcellos, César López e Remigio Nieto acercarannos a cadanseu traballo.. O acto será conducido pola profesora Concha Vilar.



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >