O grupo socialista de Nigrán levará ao próximo pleno dúas mocións para solicitar ao goberno municipal que tome as medidas oportunas no tocante a dous problemas medio ambientais moi graves para a actividade e saúde da nosa ría, por desgraza gravemente tocadas polos problemas de contaminación por aguas fecais, e que foi motivo de peche dos bancos marisqueiros de Baiona e da Foz.
O PSOE de Nigrán leva toda a lexislatura avisando das graves deficiencias que presenta o servizo de depuración de augas do concello, así como a rotura do emisario submarino no medio da bahía, onde nós mesmo puidemos ver in situ como saían papeis, plásticos e agua sen depurar do colector situado no medio da bahía.
O Partido Popular e o PINN levan facendo caso omiso da situación e non foron quenes de xestionar ante consellería de medioambiente e Aguas de Galicia a posta en marcha das infraestructuras necesarias para evitar os continuos verquidos de augas fecais polas deficiencias da depuradora municipal.
A situación chegou a un punto límite no que as augas da ría foron pechadas ao marisqueo pola presenza de coliformes, tanto na bahía de Baiona coma no esteiro da Foz. A Foz, o esteiro do Río Miñor, constitúe un Lugar de Interese Comunitario (LIC) dentro da Rede Natura 2000. A grave contaminación que padece polos vertiquidos fecais sen depurar, ademais de acabar co importante recurso do marisqueo, ameaza a moitas aves que atopan aquí refuxio e alimento.
Por todo elo o PSOE de Nigrán pedirá no próximo pleno que:
inste á Consellería de Medio Ambiente/Augas de Galicia a que solucionen de xeito inmediato as deficiencias que a Depuradora de Nigrán poida ter para que as augas que se vertan no mar a través do emisario submarino saian correctamente depuradas.
Intará ao Goberno Municipal a que de xeito inmediato repare as deficiencias existentes nos emisarios submarinos e así evite a saída descontrolada de augas fecais procedentes da depuradora;
Instará ao Goberno Municipal a que de xeito inmediato tome as medidas necesarias para evitar e impedir os verquidos incontrolados e os desagües de fecais directos tanto na bahía como no río Miñor.
Vertedoiro incontrolado en Porto do Molle
Así mesmo o PSOE de Nigrán, solicitará ao concello de Nigrán a inmediata actuación no vertedoiro incontrolado de Porto do Molle. Dado o incumprimento reiterado por parte da empresa concesionaria CESPA do contrato asinado para a xestión da limpeza no concello e máis concretamente no punto 3.5. da sección 3ª referido a “Limpeza de vertidos clandestinos en todo el término municipal” e dada a incapacidade manifesta por parte do Grupo de Goberno de este Concello para solucionar os problemas dos vertedoiros incontrolados, solicitará a súa actuación inmediata ante o vertedoiro incontrolado de residuos sólidos (lixo, electrodomésticos, restos de material de construcción, etc) e lixiviados que se está a xestar dende hai anos nas inmediacións do Parque Empresarial Terciario de Porto do Molle. Un verquido que que leva consigo a emisión dun forte cheiro e dun impacto visual negativo coa conseguinte agresión medioambiental ,
A máis destas mocións o PSOE de Nigrán levará a pleno a petición da A. VV de S.Pedro para que o alcalde cumpra o seu compromiso de adecentar o torreiro de festas de S.Pedro, compromiso que acordou facer logo de que a asociación moveso pedra a pedra o palco da música e fixese uns aseos públicos no baixo do mesmo.