
Este luns 30 de abril, a partir das 20.30 hs o BNG de Gondomar inaugura oficialmente o novo local da organización, sito na Praza da Alameda de San Bieito. Un acto público para todas as persoas que desexen coñecer o local e mostrar a colaboración co BNG de Gondomar. Segundo indican os organizadores será un acto festivo con música, bebidas e entremeses para a asistencia.
Asi mesmo sinalan a da totalidade da Candidatura de Gondomar e tamén dos cargos públicos e candidatos do Val Miñor.
Asi como a asistencia da Deputada no Congreso, Olaia Fernández Davila, o Director Xeral de I+D+I Salustiano Mato
( integrante da lista do BNG ao Concello ) e o deputado no Parlamento Galego X.R. Paz Antón.
Segundo comenta o BNG "Desde este local realizaremos a coordinación da campaña eleitoral e ofreceremos a todas as persoas asesoramento e información sobre calquer asunto de interese público para os veciños e veciñas de Gondomar. "
O local sito no centro de Gondomar estará aberto e atendido diariamente en horario de 19 hs. a 21 hs. O seu teléfono 986 389273. e o seu enderezo electrónico
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver