Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

05 09/08
Portada arrow Axenda arrow O alcade de Nigrán decide non admitir as mocións do PSOE no pleno de abril
O alcade de Nigrán decide non admitir as mocións do PSOE no pleno de abril PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 30-04-2007

Visitas : 546


O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Nigrán presenta tres mocións ao Pleno da Corporación e o alcalde, Alfredo Rodríguez, decide non levalas á Comisión Informativa e non incluilas no Pleno do mes de abril.

A moción que tiña como obxecto “Facer as xestións necesarias para SOLICITAR a colaboración da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia co Concello de Nigrán co fin de eliminar o vertedoiro incontrolado de Porto do Molle e do mesmo xeito levar a cabo unha actuación urxente e inmediata de recuperación integral deste entorno que en breve formará parte do entorno do Parque Empresarial Terciario de Porto do Molle”, foi presentada por Rexistro de entrada o 30/03/07 co nº 2394, e pretendía solucionar dunha vez por todas o estado de degradación no que se atopa o gran vertedoiro de Porto do Molle. A segunda Moción, presentada con nº 2818 de Rexistro con data 18 de abril de 2007 e que tiña por obxecto: “Instar á Consellería de Medio Ambiente/Augas de Galicia a que solucionen de xeito inmediato as deficiencias que a Depuradora de Nigrán poida ter para que as augas que se verten no mar a través do emisario submarino saian correctamente depuradas.

Esixir ao Goberno Municipal a que de xeito inmediato repare as deficiencias existentes no emisario submarino e así evitar a saída descontrolada de augas fecais procedentes da depuradora e, asimesmo, esixir ao Goberno Municipal a que de xeito inmediato tome as medidas necesarias para evitar e impedir os verquidos incontrolados e os desagües de fecais directos tanto na bahía como no río Miñor”. En resumo subsanar un grave problema medioambiental que supón a contaminación da ría e as graves consecuencias para o medioambiente e importantes sectores económicos de Nigrán tales como o marisqueo, a pesca e o turismo, entre outros.


A terceira Moción, presentada con data 18 de abril de 2007 e con nº Rexistro 2819 pretende dar solución ós problemas plantexados pola Comisión de Festas de San Pedro da Ramallosa que, dende hai máis de dez meses, veñen traballado de xeito ininterrumpido, día tras día e de xeito desinteresado, na adecentación e rehabilitación do torreiro de festas de San Pedro da Ramallosa ao carón da Igrexa Parroquial. Entre outras accións levadas a cabo por este colectivo está o traslado do Palco de Música, a construcción de aseos públicos ou a explanación do espazo do torreiro. Levan meses SOLICITANDO ao Concello que complete as obras que están a realizar e que pasan polo explanamento e adecuación do terreno adicado a Torreiro.


As tres MOCIÓNS TIÑAN por obxecto SOLUCIONAR PROBLEMAS CONCRETOS DOS VECIÑOS E VECIÑAS de Nigrán e o Alcalde negouse a incluir ditas mocións no pleno do mes de abril sin dar ningún tipo de explicación. O Grupo Municipal Socialista SOLICITARÁ ao Pleno a súa inclusión con carácter de URXENCIA.



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
  • Relacionadas
 

Rober Bodegas, hoxe venres no Bar Patos

Axenda

Enquisa