"outro xeito de facer as cousas, outra forma de gobernar". Este sería un lema que viría de "anillo al dedo" para esta época se non fose que o que fai gala do lema non se presentaba como candidato polo Partido Popular depois de ser denunciado pola fiscalía por un presunto delito de tráfico de influenzas na redacción e tramitación do PXOM de Nigrán.
Malia que a maioría pense que efectivamente esta sexa outra forma distinta de goberna, aparte deixaremos a valoración de si é a mellor, tamén é certo que é "outra maneira de despilafarrar" os cartos dos contribuientes do concello de Nigrán.
"A los hechos me repito" que diría Manquiña naquela metraxe, porque tan só fai falta ter un pouco de ollo para darse conta que a actuación do goberno do PP de Alfredo Millares e os independentistas ex-PINN onte en Panxón non é máis que a re-inauguración dun papel mollado, que tan só é iso, papel mollado, pero que custou 150.000 euros.
Esa cifra é o custe do proxecto que Alfredo Rodriguez intentou vender xa fais uns días, e que mesmo recollía en plena campaña o "novo" Partido Popular ao seu máis puro estilo "espetacular". Un proxecto realizado sen ter consultado antes con ninguén a súa viabilidade, a necesidade e a idoneidade do mesmo. Xa non digo co pobo de Nigrán, porque iso xa damos por feito que non ten que consultar nada, pero nin sequera aos membros do pleno deste concello.
Facendo este análise, algun de vostedes podería preguntarse si realmente isto se pode facer?.
Pois a verdade é que a un lle entran dúbidas de se se pode gastar así o presuposto municipal... pero como o seu slogan di "outro xeito de facer as cousas, outra forma de gobernar" e por esa regra de tres, calquera dos penintentes contribuintes que pagamos cariñosamente os nosos impostos neste concello poderiamos ter tamén proxectos para este novo Nigrán que Aflredo nos quería vender, o problema é que nós non teriamos 150.000 euros para encargarllo a unha empresa como fan eles.
Que se podería facer en Nigrán? uff, ideas non faltan. Así de primeiras ocórrenseme por exemplo encargar un proxecto de soterramento de toda a autoestrada do Val Miñor cun tunel que comece en Baredo e remate no alto de Mos. Outro proxecto que teño en mente sería facer un parque temático do Far West con tablados flamencos nos terreos públicos do colexio de Vilameán, onde se puidesen realizar unha vez ao ano un concurso internacional de troncolaris para ir preparandos os terreos para un campo de golf e un circuito de autocross.
E máis, se fose alcalde os encargaría porque falando cos meus amigos, os consideramos necesarios, prioritarios e viabeis para este concello. .... E a ver quen ten os santos huevos de dicirme que non?
Sendo serios, isto mesmo é o que acaba de acontecer en Panxón. Acaban de presentar un proxecto que non se sabe moi ben para que é, para quen é,... si é necesario, si é viable e si cumpre todas as medidas medioambientas perceptivas. O motivo, habelo feito a decisión propia sen consultar ás partes implicadas no asunto, como se leva facendo sempre todo neste concello. E logo pasa o que pasa, que a xente protesta e por iso son uns "delincuentes" e cometen "un atentado a la democracia que jamás en su vida le había pasado".
Cara onde terían que mirar a policía e a garda civil aquel 2 de xuño, cara os veciños ou cara o concello?