Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

04 12/08
Portada arrow Novas arrow Baiona arrow Juanes revisará o proxecto de urbanización de Porto do Molle
Juanes revisará o proxecto de urbanización de Porto do Molle PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 

Escrito por A Voz de Galicia., o 16-06-2007

Visitas : 801


A intención do alcalde de Nigrán de aprobar definitivamente o proxecto de urbanización de Porto do Molle nos últimos días do seu mandato xerou preocupación nas filas do PSOE.

O futuro alcalde, Efrén Juanes, reuniuse co delegado de Zona Franca, López Peña , para dialogar sobre a importancia das alegacións que se presentaron a este proxecto. O representante de Zona Franca comprometeuse a que nun prazo de 15 días quedarán resoltas as reclamacións que foron expostas pola asociación de afectados. Pola súa banda, Efrén Juanes, ordenará revisar o proxecto cando asuma o bastón de mando, co fin de que as obras de urbanización levan a cabo con todas as garantías para que o proxecto sexa viable e non se teñan que pagar os erros dunha decisión que pode resultar precipitada.

Os afectados sinalaron que proxecto carece de coherencia por ser a suma de moitas actuacións que se contradin, así como que non se adecúa ás normas subisidiarias nin ao plan de sectorización. Por outra banda, tamén critican que non se respectan as franxas de protección do río Muiños nin dos seus afluentes. Unha das cuestións que máis preocupan no deseño do parque empresarial é que as modificacións das escorrentías naturais agraven o risco de inundacións no municipio.

Compromiso

O delegado de Zona Franca comprometeuse a que non levará a cabo ningunha actuación sen antes ter en conta estas alegacións. López Peña asegurou a Efrén Juanes que o futuro polígono empresarial de Porto do Molle será modélico en toda Galicia e que todos os cabos quedarán ben atados antes do inicio das obras.

O plan parcial de Porto do Molle posúe unha superficie dun millón de metros cadrados, nos que está prevista a instalación de industrias do sector terciario.



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

  • Relacionadas
 

Documentación Baiona

Documentación PXOM

Contido do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Baiona

  1. INFORMACIÓN URBANÍSTICA
    1. Memoria informativa (.pdf 1MB)
    2. Planos de información xeral (.pdf 114MB)
    3. Planos información dos núcleos rurais 1/2000 (.pdf 43MB)
    4. Planos de información do casco urbano 1/1000 (.pdf 32MB)

  2. ESTUDO DO MEDIO RURAL E ANÁLISE
    DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL
    1. Memoria medio rural (.pdf 2MB)
    2. Modelo de asentamento poboacional (.pdf 2MB)
    3. Fichas de núcleos rurais, planos e ortofotos (.pdf 2MB)

  3. ORDENACIÓN
    1. Memoria xustificativa (.pdf 16MB)
    2. Estratexia de actuación e estudo económico (.pdf 62MB)
    3. Planos de ordenación dos núcleos 1/2000 (.pdf 48MB)
    4. Planos de ordenación do casco urbano 1/1000 (.pdf 150MB)
    5. Planos de clasificación do solo. Estrutura xeral do territorio 1/5000 (.pdf 44MB)
    6. Planos de infraestructuras 1/5000

  4. NORMATIVA URBANÍSTICA
    1. Normativa urbanística de Baiona (.pdf 138MB)

  5. CATALOGO DO PATRIMONIO CULTURAL
    1. Patrimonio arquitectónico e etnográfico (.pdf 15MB)
    2. Patrimonio arqueolóxico (.pdf 15MB)

 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa