Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

04 12/08
Portada arrow Novas arrow Nigrán arrow Comezan as xeiras do Instituto de Estudos Miñoranos
Comezan as xeiras do Instituto de Estudos Miñoranos PDF Imprimir Correo-e
(1 voto)
 
o 03-07-2007

Visitas : 763


Como xa é tradicional o Instituto de Estudos Miñoranos organiza todos os veráns -este é o sexto ano consecutivo- unha serie de visitas-guiadas ou xeiras a distintos lugares de especial interese histórico, artístico, natural e paisaxístico do Val Miñor.
Trátase de pequenos percorridos a realizar polas tardes dirixidos por especialistas no tema da visita. O programa está pechado (ver documento adxunto) e conta coa colaboración de diversas institucións.

Dous especiais ciclos de xeiras
Este verán preparamos dous ciclos que agrupan a maioría das xeiras. O primeiro dedicado a percorrer os camiños e lugares polos que Antón Alonso Ríos andou para “risparse das gadoupas da morte”. Pola serra da Groba, polo Monte Tetón, por Couso, Morgadáns e Vincios estivo agachado o deputado popular ata transformarse no pobre de pedir Siñor Afranio do Amaral. (ver documento adxunto). Serán cinco as xeiras incluídas neste ciclo: Pola serra da Groba, de Pinzás ao Monte Tetón, do Alto dos Castros a Couso, pola parroquia de Morgadáns e dende Chaín a Zamáns pasando por Vincios.

O segundo dos ciclos serán dúas visitas nocturnas aos petroglifos de Outeiro dos Lameiros (Sabarís) e Auga da Laxe (Vincios) para poder contemplalos con luz artifical rasante que permite unha nova visión dos dous grandes paneis.

O xoves 5 de xullo, primeira das xeiras do verán 2007 pola serra da Groba

Esta primeira Rota do Siñor Afranio levaranos polas terras de Burgueira, Torroña e a serra da Groba.

Punto de encontro ás 16,30 h. na praia de Sta. Marta, Baiona. Hai que facer un desprazamento duns 25 minutos en coche ata Torroña onde deixaremos algúns coches para continuar ata o lugar da caseta forestal, na Portela. Alí comezaremos o paseo que durará arredor de catro horas. É a rota máis longa deste verán pero paga a pena. A dificultade está no longo percorrido. Polo demais vaise case sempre por camiños e pistas, agás un treito curto para ver a Pedra Escrita, no que se pode facer unha variante para quen non queira subir.

Percorrido.-
Iniciaremos o percorrido na caseta forestal, onde foi torturado Manuel Noia. Pasaremos pola Portela, por Xiguente, pola aldea de Burgueira, polos Eidos de Arriba (Torroña).

Deteremos ante a casa da Tía Pepa, lugar no que se agochou ata en tres ocasións Antón Alonso Ríos. Iremos logo ata o curro de Torroña, polo Curro Vello na tomadiña, seguindo camiño polas Chans ata subir cara a Cruz de Pau e a Pedra dos Acordos. A Boca da Groba, As Mámoas e baixaremos ata chegar ao pé da Pedra Escrita ou das Cruces. Seguimos cara o Monte Lousado para facer cume no Castelo de Turonio. Baixaremos de novo para rematar o percorrido en Torroña.

Valores a ter en conta.-

Ante todo a paisaxe, na que, a pesares da degradación producida polo lume do verán pasado, podemos apreciar unhas terras moi humanizadas por miles de anos de ocupación, con fortes pegadas nas tomadas e peches pétreos. Os cabalos do monte, as vacas, ovellas e cabras, aínda hoxe supoñen un medio de vida para os habitantes de estas terras.
Petroglifos, mámoas, camiños e a referencia do medieval Turonio achégannos as pegadas da historia máis recuada. A contemporánea coas idas e fuxidas de Alonso Ríos ou de Luís Noya por estas terras e da xenerosa acollida da que foron obxecto por parte das boas xentes de Torroña. 


Antón Alonso Ríos, natural de Silleda, emigrante e mestre. Tras a proclamación da República as Sociedades Galegas da Arxentina envíarono para representalas politicamente e coordinar algunhas das escolas que os emigrantes sufragaban, entre outras a tomiñesa La Aurora del Porvenir. Durante o período republicano desenvolve unha intensa actividade política nas filas do agrarismo e vinculase dende o primeiro momento ao Partido Galeguista. Nas elección de febreiro de 1936 é elixido deputado nas listas da fronte popular, representando aos agrarios.
Tras a sublevación militar fascista convertese no gran obxectivo dos falanxistas de Tui; “el gran zorro” chamábanlle. Os primeiros días pasounos agochado polas terras da Groba, ata tres veces regresou a Torroña. A veciñanza agochouno e protexeuno, como tamén fixo con Luís Noya e moitos outros demócratas fuxidos do terror. Os veciños e veciñas de Torroña escribiron unha fermosa páxina solidaria poñendo en perigo a súa vida e a dos seus.

Antón Alonso Ríos tiña que saír do acocho, non podía seguir poñendo en perigo á quen xenerosamente o axudara. Botou a andar polos camiños, pasou por Tebra, por Couso, Morgadáns, Chaín e Vincios e enfilou a estrada cara as Gándaras do Porriño... e seguiu ata converterse nun pobre de pedir portugués. Nacía así o Siñor Afranio do Amaral. Tiña cincuenta anos. Logo fixo de criado pola Terra de Montes e do Carballiño. Tres anos despois pasou a Portugal e logrou establecer os contactos necesarios para saír rumbo a América dende o porto de Lisboa
“Embarquei no “Lipari” e o 29 de xuño de 1939 cheguei ao porto de Buenos Aires. Tíñame rispado das gadoupas da morte, escribiu nas súas breves memorias rematadas en 1978.
Na Arxentina continuou o seu labor político, sempre á beira de Castelao a quen substituíu na presidencia do Consello de Galiza que representou ata a súa disolución a soberanía popular expresada nas elección de febreiro de 1936




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

  • Relacionadas
 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Consideras necesaria a intervención xudicial na situación económica de Nigrán?