Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

06 09/08
Portada arrow Canais arrow Deportes arrow Nigrán segue de cerca as actuacións en Porto do Molle
Nigrán segue de cerca as actuacións en Porto do Molle PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 05-07-2007

Visitas : 549


O proxecto de urbanización en Porto do Molle será seguido de cerca polo novo goberno municipal.
O seguimento das empresas concesionarias segue a destapar a falta de xestión do goberno anterior.


O Alcalde de Nigrán Efrén Juanes, o Concelleiro de Urbanismo Juan A. González e o Concelleiro de Medio Ambiente Juan Hermida, mativeron onte unha reunión cos técnicos municipais para abordar a situación do desenvolvemento do Parque Empresarial terciario de Porto do Molle.

Na actualidade existen 8 contenciosos administrativos contra diferentes aspectos legais do proxecto que en ningún caso acadaron a paralización na execución do mesmo. O último deles, interposto pola Asociación de afectados polo Parque empresarial Porto do Molle, plantea posibles irregularidades que principalmente teñen que ver con aspectos medioambientais e conexións con infraestructuras exteriores. Este mesmo colectivo introducíu xunto con outros, as únicas alegacións ó proxecto de urbanización que recentemente estivo a exposición pública, sustentadas nun informe técnico.

O Concello de Nigrán está a espera de que os técnicos de Zona Franca contesten a estas alegacións á vista das cales, os propios técnicos municipais realizarán a súa valoración das mesmas para emitir o informe municipal correspondente.

Na reunión mantida onte acadouse ademáis o compromiso de solicitar unha reunión con Augas de Galicia para analizar as actuacións que se están desenvolvendo sobre os cauces fluviais e facer un seguimento de campo da execución das obras.


O seguimento das empresas concesionarias segue a destapar a falta de xestión do goberno anterior.
O seguimento que se está facer sobre as empresas concesionarias que operan no concello de Nigrán destapou onte unha débeda de Telefónica Movistar que pode ascender a aproximadamente 12.000 euros. Segundo informou o concellal Juan Hermida, no mes de marzo de 2006 cambiáronse as condicións do contrato de telefonía movil, pero as novas tarifas non se aplicaron dende entón. A escasa capacidade de xestión do anterior equipo de goberno fai necesaria unha refacturación destes últimos 17 meses nos que Telefónica Movistar debe devolver a cantidade cobrada de máis ou descontala das próximas facturas telefónicas.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >