| o 05-07-2007
|
Visitas : 821 |
O proxecto de urbanización en Porto do Molle será seguido de cerca polo novo goberno municipal. O seguimento das empresas concesionarias segue a destapar a falta de xestión do goberno anterior.O Alcalde de Nigrán Efrén Juanes, o Concelleiro de Urbanismo Juan A. González e o Concelleiro de Medio Ambiente Juan Hermida, mativeron onte unha reunión cos técnicos municipais para abordar a situación do desenvolvemento do Parque Empresarial terciario de Porto do Molle.
Na actualidade existen 8 contenciosos administrativos contra diferentes aspectos legais do proxecto que en ningún caso acadaron a paralización na execución do mesmo. O último deles, interposto pola Asociación de afectados polo Parque empresarial Porto do Molle, plantea posibles irregularidades que principalmente teñen que ver con aspectos medioambientais e conexións con infraestructuras exteriores. Este mesmo colectivo introducíu xunto con outros, as únicas alegacións ó proxecto de urbanización que recentemente estivo a exposición pública, sustentadas nun informe técnico. O Concello de Nigrán está a espera de que os técnicos de Zona Franca contesten a estas alegacións á vista das cales, os propios técnicos municipais realizarán a súa valoración das mesmas para emitir o informe municipal correspondente.
Na reunión mantida onte acadouse ademáis o compromiso de solicitar unha reunión con Augas de Galicia para analizar as actuacións que se están desenvolvendo sobre os cauces fluviais e facer un seguimento de campo da execución das obras.
O seguimento das empresas concesionarias segue a destapar a falta de xestión do goberno anterior. O seguimento que se está facer sobre as empresas concesionarias que operan no concello de Nigrán destapou onte unha débeda de Telefónica Movistar que pode ascender a aproximadamente 12.000 euros. Segundo informou o concellal Juan Hermida, no mes de marzo de 2006 cambiáronse as condicións do contrato de telefonía movil, pero as novas tarifas non se aplicaron dende entón. A escasa capacidade de xestión do anterior equipo de goberno fai necesaria unha refacturación destes últimos 17 meses nos que Telefónica Movistar debe devolver a cantidade cobrada de máis ou descontala das próximas facturas telefónicas.
|
|
|
 |
|
|
|
|
|