| o 08-07-2007
|
Visitas : 707 |
 As xeiras nocturnas do Instituto de Estudos Miñoranos. Comezan este ano un tipo especial de xeiras, que teñen lugar a partir das 23,30 horas da noite.
Trátase de visitas nocturnas a petroglifos de Val Miñor de especial valor e interese, que serán observados con luz artificial rasante que permite unha nova visión, máis completa dos grandes paneis que se propoñen.
Nesta ocasión o IEM organiza unha visita aos recente musealizados petroglifos de Outeiro dos Lameiros, en Sabarís (Baiona). O punto de encontro para a saída será na Praia de Santa Marta, en Baiona, as 23,30 horas da noite do martes 10 de xullo.
|
|
|
|