
Os concursantes sorteando as ondas en Liméns
REGATA GRAN TROFEO PROXECTO NEA para a Clase Windsurf. Santa Marta Classic.
Celebrarase en augas da Ensenada de Cangas os días 28 e 29 de Xullo e estará organizado polo Clube de Vela Ensenada de Limens coa autorización da Federación Galega de Vela.
A Regata GRAN TROFEO PROXECTO NEA para a Clase Windsurf, celebrarase en augas da Ensenada de Cangas, Ría de Vigo entre os DÍAS 28 E 29 DE XULLO DE 2007.
Organizado polo
Club de Vela Ensenada de Liméns coa autorización da
Federación Galega de Vela.O Club de Vela Ensenada de Limens foi a referencia do Windsurf en Galicia desde a súa fundación en 1987.
Entre as Competicións que organiza o Club, destaca a Regata Santa Marta Classic, organizada ata antes da fundación do Club e que constitúe xunto co Touro Andaluz, celebrada en Tarifa, a regata máis antiga de cantas se celebran en calendario nacional. Coincide sempre coa festividade do pobo de Santa Marta e danse cita os mellores regatistas nacionais.
A Regata
GRAN TROFEO PROXECTO NEA de Windsurf é unha regata OPEN, na cal poderán participar todas as embarcacións da Clase Windsurf (Fórmula, Raceboard, Open, Windsurf Infantil 3.5 m2, Infantil 5.0 m2, Júnior 6.4, Xuvenil-Senior 7.8 m2.
As Pre-inscripcions
realizaranse antes do día 24 de Xullo á dirección:
CLUB DE VELA ENSENADA DE LIMENSAptdo. Correos nº 20
36940 Cangas - Pontevedra
e-mail:
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
O Comité Organizador reservase o dereito de admitir inscripcións fora deste plazo.