| o 03-08-2007
|
Visitas : 555 |
 Fonte A Voz de Galicia - Unión Fenosa ameaza con cotar o suministro se non se paga a débeda. Os meses de pago das letras dos préstamos o concello non pode pagar nada máis que os soldos do persoal do concello. Os edís nigranenses están a apertarse o cinto porque cada día saen á luz máis e máis facturas. O alcalde socialista de Nigrán, Efrén Juanes, e o tenente alcalde nacionalista, David Giráldez, denunciaron onte a «caótica» e «crítica» situación económica que padece o Concello debido á falta de pagamentos do anterior mandato. Aseguran que a débeda municipal roza nestes momentos os 12 millóns de euros. Juanes explicou que o actual equipo de goberno herdou unha dobre débeda. Por unha banda, deberá abonar 5.650.000 euros, aproximadamente, por facturas a provedores do Concello, dos cales 400.000 corresponden a facturas de exercicios anteriores aínda sen contabilizar. Doutra banda, terá que afrontar o pago de algo máis de 6,1 millóns de euros a varias entidades bancarias para cubrir os préstamos da anterior corporación.
Continúa en http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2007/07/28/0003_6018165.htm?idioma=galego
|
|
|
 |
|
|
|
|
|