| o 07-08-2007
|
Visitas : 493 |
Continuamos este mes de agosto coas xeiras nocturnas, que teñen lugar a partir das 23,30 horas da noite. Na súa primeira volta as Xeiras nocturna contaron cunha importante asistencia (200 acompañantes na primeira volta desta visita, que tivo lugar o 10 de xullo).
Trátase de visitas nocturnas a petroglifos de Val Miñor de especial valor e interese, que serán observados con luz artificial rasante que permite unha nova visión, máis completa, dos grandes paneis que se propoñen.
Coma na anterior ocasión solicítase aos participantes que leven linternas da máxima potencia posible que serán precisas durante o percorrido dado o escaso da iluminación natural. Serán os nosos guías nesta ocasión Xosé Lois Vilar e Eduardo Méndez.
Nesta ocasión visitaremos os petroglifos de Outeiro dos Lameiros, en Sabarís (Baiona). O punto de encontro para a saída será na Praia de Santa Marta, en Baiona, as 23,30 horas da noite do martes 7 de agosto.
|
|
|
 |
|
|
|
|
|