O Concello instou a Zona Franca a solucionar estos problemas antes de continuar coas obras, xa que moitas delas poden condicionar o funcionamento do parque e a vida do concello.
Juan Hermida detectou que os volumes de consumos previstos para o parque empresarial que suporían duplicar o consumo actual do concello, desbordando a capacidade da actual da purificadora.O pasado mércores o Alcalde de Nigrán Efrén Juanes, o concelleiro de Urbanismo Juan González e o concelleiro de Medio Ambiente Juan Hermida, mantiveron una nova reunión cos responsables de Zona Franca para tratar diversos asuntos relacionados coas obras de explanación que xa están a piques de rematar e sobre o Proxecto de Urbanización pendente da súa aprobación definitiva.
Os representantes do Concello plantexaron en Zona Franca algúns problemas que se poderían derivar da conexión do Parque Empresarial-Terciario de Porto do Molle coas infraestructuras existentes. Concretamente, o abastecemento de auga, a conexión coa rede eléctrica e a continuidade do réxime hidráulico do río Muíños.
Sobre a conexión coa rede de abastecemento e tendo en conta o volume previsto de consumo do parque, a actual capacidade de abastecemento no abondaría para cubrir as necesidades previstas. Zona Franca comprometeuse a ampliar a ETAP situada en Condomínguez.
Sobre a conexión coa rede eléctrica, no proxecto de urbanización so se facía referencia á procedencia da liña eléctrica dende a estación de Gondomar, pero non se facía referencia ó itinerario por donde se traería a Porto do Molle. Zona Franca aportará o proxecto da canalización da liña eléctrica. O custe desta infraestructura correrá a cargo de Zona Franca e a instalación permitirá ó concello de Nigrán negociar con UNIÓN FENOSA o soterramento dalgunhas liñas eléctricas.
Sobre a continuidade do réxime hidráulico do río Muíños o concello de Nigrán mostrouse claro:
Esiximos garantías de que non haberá asulagamentos derivados das actuacións realizadas no cauce e entorno do río Muíños.
Zona Franca presentou un novo estudio técnico máis restrictivo que conclúe que non haberá danos derivados de posibles asulagamentos en época de chuvias.
Dende o cambio do Goberno Municipal o Concello de Nigrán ven realizando unha intensa revisión das obras de explanación o que motivou xa varias reunións para solventar algunhas deficiencias atopadas. A invasión da zona de protección de 50 metros no entorno do río Muíños con aterramentos xa foi subsanado, e a invasión de fincas fora do ámbito está a ser resolto durante o mes de agosto.
O Concello de Nigrán comprometeuse a manter próximamente unha reunión informativa cos colectivos cidadáns para informar da situación actual na execución do proxecto.
O Proxecto de Urbanización.O proxecto de urbanización de Porto do Molle continúa paralizado dende abril polas irregularidades que presentaba que foron motivo de numerosos contenciosos adminsitrativos por parte das asociacións de veciños.
o alcalde de Nigrán Efrén Juanes renunciará a aprobar este proxecto por decreto, e asegurou que o levara a pleno para a súa aprobación por consenso, unha vez estean garantidos e solucionadas as deficiencias detectadas.
milongas
Escrito por: Pinto (Invitado) o 22-01-2008