| o 14-08-2007
|
Visitas : 860 |
Na praia América de Nigrán terá lugar o próximo 14 de agosto o segundo festival ElektrosonX´07, dentro do movemento chamado Nxira´07, circuíto de festivais patrocinado por Caixanova. Onte tivo lugar unha reunión na que Jorge Santos, encargado do departamento de publicidade da entidade bancaria e Francisco Gil, organizador do evento, explicaron as grandes diferenzas do festival respecto ao do ano pasado. A principal atracción deste ano é a participación de Macaco, que é o proxecto musical de Dani Carbonell, no seu único concerto que darán os artistas cataláns en Galicia durante a época de verán.
Tamén tocarán A Kinky Beat, que se converteron en apenas un par de anos nunha das revelacións musicais dos últimos tempos en Barcelona. é un grupo creado no ano 2003 despois da fusión de diversos proxectos. O seu ritmo é trepidante e a súa música é unha fusión de rock steady e reggae punk.
|
|
|
|