| o 20-08-2007
|
Visitas : 875 |
 Xose Lois Vilar do IEM, foi o encargado de explicar a importancia e significados dos grabados. O IEM remata con esta as xeiras nocturnas que tiveron lugar durante os meses de xullo e agosto a partir das 23,30 horas da noite. Trátase de visitas nocturnas a petroglifos do Val Miñor de especial valor e interese, que son observados con luz artificial rasante que permite unha nova visión, máis completa, dos grandes paneis que se propoñen. Coma na anterior ocasión o IEM solicita aos participantes que leven linternas da máxima potencia posible que serán precisas durante o percorrido dado o escaso da iluminación natural. Os guías serán denovo Xosé Lois Vilar e Eduardo Méndez. Nesta ocasión a visita será aos petroglifos de Auga da Laxe, en Vincios. O punto de encontro para a saída será na Casa do Concello de Gondomar, as 23,30 horas da noite do martes 21 de agosto.
|
|
|
|