Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

04 07/08
Portada arrow Axenda arrow Nova Xeira do Instituto de Estudos Miñoranos
Nova Xeira do Instituto de Estudos Miñoranos PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 22-08-2007

Visitas : 420


Esteiro da Foz do Miñor
Esteiro da Foz do Miñor
Despois das rotas adicadas á memoria do deputado Antón Alonso Ríos ( Siñor Afranio do Amaral) e máis das Xeiras Nocturnas, centradas na visión de importantes paneis de petroglifos continúan as Xeiras 2007 que organiza o IEM coa 6 Xeira de 2007.
O xoves, 23 de agosto, Polas ribeiras do río Muíños.
O vindeiro xoves 23 de agosto, ás 17:30 sairemos da Casa do Concello de Nigrán ata o conxunto formado polo río Muiños e seu afluente o Táboas, que conforman un corredor natural que permite percorrer os diferentes hábitats presentes no concello de Nigrán, desde o litoral de praia América ao amplo e fértil val central (hoxe en desaparición pola construción do Polígono Industrial de Porto do Molle) ata súas fontes nas serras que pechan o Val Miñor polo norte: os Outerios e o alto de Canaval. A xeira transcorre nas parroquias de Camos e Chandebrito, coincidindo parcialmente co Sendeiro dos Matos. O río abandona as súas fontes e se encaixa nun fondo val cun bosque de galería (en ocasións invadido polos eucaliptos e as acacias) que fornece a humidade e umbría necesaria para a presenza dos fentos entre os que destacan o fento real (Osmunda regalis), o fento macho (Dryopteris affinis), o Blechum (Blechnum spicant), a lingua de cervo (Phyllitis scolopendrium) e a cabriña (Davallia canariensis), este último típico de ambientes máis tropicais como as illas Canarias, pero que resiste na fachada atlántica ibérica como signo dun tempo pasado máis cálido e húmido que o actual.

No tramo final da xeira, o río abandona seu tramo superior e comeza seu percorrido no amplo e fertil val interior camiño da Levada, a Touza e a Tarela, denantes de chegar á explanación do futuro Parque industrial de Porto do Molle camiño de paia América.



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
  • Relacionadas
 

Elodio y los seres queridos

Axenda

Enquisa