Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

30 08/08
Portada arrow Opinión arrow Mofa e Befa. estrelas do fin de semán en Nigrán
Mofa e Befa. estrelas do fin de semán en Nigrán PDF Imprimir Correo-e
(2 votos)
 
o 24-08-2007

Visitas : 685


Mofa e Befa - Sempre ao Lonxe
Mofa e Befa - Sempre ao Lonxe
O dúo cómico formado por Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo, aos que desta vez se lles une Piti Sanz, volve ao Val Miñor, en concreto a Nigrán con Cultura para dar e tomar, un espectáculo co que xa levan tempo percorrendo os teatros e salas galegas e con cheos espectaculares en Santiago.

Despois da súa actuación no certame de teatro de Gondomar coa obra Sempre ao Lonxe, Mofa e Befa volve ao Val Miñor precedidos dunha gran expectación despois do bo sabor de boca da actuación gondomareña.
Actuación no aparcadoiro de Panxón. ás 22h- Entrada libre.

Sinopse
Dous políticos exemplares enfróntanse a un reto cotián: inaugurar unhas xornadas culturais nun país no que xa hai Cultura para dar e tomar. E todos estamos convidados.

Para comezarmos gostosamente entramos á cociña. As receitas da “Nouvelle cuisine cacofónica” son creacións feitas a lume manso por Alfonso Kkmo e logo recreadas no exquisito padal de Mofa e Befa.
Cando estamos a agardar polo seguinte prato aparece Gustavo Adolfo Befo e sen que nos dea tempo a reaxir sorpréndenos cun texto de corpo acedo e ataque carnoso froito dunha fermentación maloláctica.
E chega por fin o prato forte: A conferencia maxistral na que se explican as Técnicas de inducción á colaboración coas forzas da orde. Salpementa o espectáculo o directo do singular músico Pitín Muñoz.
Unha vez máis Mofa e Befa adéntranse no corazón do Teatro Perralleiro.


O Perralleirismo
Unha panstasma percorre o mundo occidental, é a pantasma do perralleirismo. Unha estética que moitos estudiosos quixeron relacionar co teatro pobre, co teatro tosco, e con outras formas da modestia escénica, nun valdío intento de dignificar ao perralleirismo. Pero non nos fagamos ilusións: o perralleirismo é unha flor (aproximadamente) que medra no esterco do cutre e o desbotable. É a vindicación definitiva de que o teatro é a máis bastarda das belas artes. Algúns optimistas (ou malintencionados) din que o teatro é o crisol onde se suman harmonicamente todas as artes, pero minten. Ou ignoran. O teatro, en realidade componse dos detritus da arte.

As escenografías conséguense nos faiados. O vestiario procede das roupas viúvas dos trapeiros. E os textos naturalmente extráense da busca pouco atenta das papeleiras. Sería obvio dicir que tamén os artistas e o público son material de desfeita procedente do teatro culto.

Todos estes achádegos azarosos fermentan xuntos para dar lugar a un espectáculo impredicible no comezo do proceso.

O artista perralleiro submérxese nesta montaña de materiais e recíclaos para convertelos en útiles ao servizo dos seus inconfesables designios. Como é sabido, aproveitar algo para un obxecto que non foi concibido (a perrallada) dá máis traballo que fabricalo completamente novo. Así, o perralleirismo que empeza o seu proceso intentando economizar acaba sendo un derroche escénico.
FICHA ARTíSTICA

  • Mofa.- Evaristo Calvo
  • Befa.- Víctor Mosqueira
  • Pitín Muñoz.- Piti Sanz
  • Textos. Alfonso Kkmo, Carlos Santiago, Victor Mosqueira, Evaristo Calvo.
  • Dirección. Mofa e Befa



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

 

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa