Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

04 12/08
Portada arrow Opinión arrow Cine cientí­fico en Gondomar
Cine cientí­fico en Gondomar PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 28-08-2007

Visitas : 854


Manuel Enrique García BlancoO Insituto de Estudos Miñoranos en colaboración coa Concellalía de Cultura de Gondomar organiza para mañá mércores a proxección do documental Os mares doces de Galicia. Un documental dirixido polo biólogo Manuel E. Garci
O documental de 32 minutos de duracción, céntrase na orixe do ecosistema fluvial de Galicia, formado por máis de  de 30.000 km de cursos de auga, que teñen unha profunda relación co mar. 

O océano Atlántico é o verdadeiro nacemento dos miles de regatos e ríos, xa que é este quen coa súa actividade se encarga de
que as borrascas descarguen millóns de litros de auga doce nesta terra.
O documental amasará as especies máis representativas nos distintos tramos dos ríos, as súas relacións interespecíficas e os distintos hábitats necesarios para que tales especies completen o seu ciclo biolóxico. Especies comoa a lamprea e o salmón atlántico desvelarán cal é o seu obxetivo nos ríos galegos.
A proxección terá lugar o mércores 29 ás 10,00 da noite, na plaza do Centro de Saúde de Gondomar

Manuel E. Garci é licenciado en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Funcionario de carreira do Ministerio de Educación e Ciencia, destinado no Departamento de Ecoloxía e Biodiversidade Mariña do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, participou na elaboración dos documentais da serie Galicia en clave natural da TVG, A expedición Ardora de TVE en Galicia, O medio mariño da Ría de Vigo do Concello de Vigo e O Mexilón da Xunta de Galicia. 

Realizou traballos de gravación e fotografía para a elaboración das exposicións permanentes do "Ecosistema Litoral de Galicia" do Parque Natural de Corrubedo, "A Lamprea" do Centro de Interpretación da Lamprea de Arbo, "O medio mariño de Galicia" proxecto Galicia Dixital en San Martiño Pinario, "Simple Mussel Exhibition" do Museo de Ciencias Naturais de Bélxica, e Museo do Mar de Galicia en Vigo.
Elaborou material gráfico para o seu uso científico e didáctico realizando corenta campañas oceanográficas en augas de España, Portugal, Francia e as illas Malvinas.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >