Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

05 07/08
Portada arrow Especiais arrow Parque Eólico na Groba arrow Eurovento, ¿a Ronáutica dos montes?
Eurovento, ¿a Ronáutica dos montes? PDF Imprimir Correo-e
(2 votos)
 

Escrito por Baiona Consciente, o 03-09-2007

Visitas : 537


Eurovento - Grupo Terranova
Eurovento - Grupo Terranova
A nova non afecta excesivamente a Baiona, xa que somentes recaerán no termo municipal dous ou tres aeroxeneradores, pero nestes casos sempre nos fai desconfiar que se fagan publicacións no DOGA de Agosto.

O caso é que a Consellería de Innovación e Industria, comandada polo BNG, tenta instalar na Serra da Gobra un parque eólico, denominado “Albariño I”.

Este tipo de iniciativas xenera moita controversia. Por unha parte, estamos a falar de enerxías renovables e de producción propia. Matamos dous páxaros dun tiro, xa que non dependemos de enerxías foráneas como o gas ou o petróleo e ao mesmo tempo podemos prescindir de medios de xeración de enerxía contaminantes ou moi lesivo có entorno (plantas térmicas, encoros ou plantas nucleares).

Unha das loitas máis encarnizadas dos ecoloxistas foi a aposta polas enerxía limpas e unha desas alternativas foron os muiños de vento. O caso é que agora son os mesmos ecoloxistas os que critican estas iniciativas, porque poden danar o entorno paisaxístico e á fauna do mesmo.

A problemática neste caso non debe ser o parque en sí, senón a ubicación. A Serra da Groba é un importante entorno paisaxístico e cunha cantidade sen igual de cabalo salvaxe pastando nela. Asemade, lévase tempo reclamando a ampliación da Rede Natura na zona.

Tamén pode despertar suspicacias que, casualmente, nos pasados incendios do Verán fora unha das zonas máis afectadas.

Non queremos ser perversos, pero as dúas consellerías dependen do mesmo partido. No BNG se levarán as mans á cabeza, pero se ésta fora unha iniciativa do PP, xa se estaría a falar de “plan elaborado” para acadar obxectivos especulativos.

 

Qué dín os afectados? Os comuneros de Oia queren máis cartos e Unións Agrarias reclama polo menos un 10 % dos beneficios obtidos. A oferta é de 6.000 a 7.000 € por aeroxenador como arrendamento anual, o que suporía apenas un 2 % dos previsibles beneficios. En ningún dos casos se fala de impacto medio-ambiental ou dano ao gando, aínda que se fai saber que Eurovento non se faría responsable de calqueira dano producido polos aeroxeneradores.

Por de pronto, non hai posicionamento por parte dos partidos políticos, aínda que o BNG de Baiona xa colgou unha escueta anotación na súa web onde nin tan siquera se posiciona. Se lles plantexa unha difícil decisión, tan complexa como a do PSOE có concurso de Portos. Que se se manteñan como defensores dos intereses de Baiona e non como calidiños está nas súas mans.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Albariño 1

Videoreproducción parque eólico
Ver simulación creada por www.salvemosmonteferro.org 
* A zona verde delimita a extensión do parque eólico. 

 

Documentacion

 

Documento de Alegacións presentado por Salvemos Monteferro
Descargar documento (28 KB)

Documento de alegacións medioambientais presentado polo IEM
Descargar documento (27 KB)

Documento de alegacións sobre o patrimonio presentado polo IEM
Descargar documento (32 KB)

 Documento de alegacións presentado polo BNG de Baiona
Descargar documento (855 KB)

Videos


 

 

 

reportaxe da televisión Noruega. 

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Estás a favor da instalación do parque eólico na Groba?