Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

04 12/08
Portada arrow Novas arrow Baiona arrow Mofa e Befa volven a Nigrán
Mofa e Befa volven a Nigrán PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 04-09-2007

Visitas : 807


Mofa e Befa - Sempre ao Lonxe
Mofa e Befa - Sempre ao Lonxe
O dúo cómico formado por Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo, aos que desta vez se lles une Piti Sanz, volve ao Val Miñor, en concreto a Nigrán con Cultura para dar e tomar, un espectáculo pendente logo de ser cancelado o pasado 26 de agosto por inclemencias do tempo.Hoxe 9 de setembro ás 21:30 no aparcadoiro de Panxón.

Despois da súa actuación no certame de teatro de Gondomar coa obra Sempre ao Lonxe, Mofa e Befa volve ao Val Miñor precedidos dunha gran expectación despois do bo sabor de boca da actuación gondomareña.
Actuación o domingo 9 de setembro no aparcadoiro de Panxón. ás 21:30h- Entrada libre.

Sinopse
Dous políticos exemplares enfróntanse a un reto cotián: inaugurar unhas xornadas culturais nun país no que xa hai Cultura para dar e tomar. E todos estamos convidados.

Para comezarmos gostosamente entramos á cociña. As receitas da “Nouvelle cuisine cacofónica” son creacións feitas a lume manso por Alfonso Kkmo e logo recreadas no exquisito padal de Mofa e Befa.
Cando estamos a agardar polo seguinte prato aparece Gustavo Adolfo Befo e sen que nos dea tempo a reaxir sorpréndenos cun texto de corpo acedo e ataque carnoso froito dunha fermentación maloláctica.
E chega por fin o prato forte: A conferencia maxistral na que se explican as Técnicas de inducción á colaboración coas forzas da orde. Salpementa o espectáculo o directo do singular músico Pitín Muñoz.
Unha vez máis Mofa e Befa adéntranse no corazón do Teatro Perralleiro.


O Perralleirismo
Unha panstasma percorre o mundo occidental, é a pantasma do perralleirismo. Unha estética que moitos estudiosos quixeron relacionar co teatro pobre, co teatro tosco, e con outras formas da modestia escénica, nun valdío intento de dignificar ao perralleirismo. Pero non nos fagamos ilusións: o perralleirismo é unha flor (aproximadamente) que medra no esterco do cutre e o desbotable. É a vindicación definitiva de que o teatro é a máis bastarda das belas artes. Algúns optimistas (ou malintencionados) din que o teatro é o crisol onde se suman harmonicamente todas as artes, pero minten. Ou ignoran. O teatro, en realidade componse dos detritus da arte.

As escenografías conséguense nos faiados. O vestiario procede das roupas viúvas dos trapeiros. E os textos naturalmente extráense da busca pouco atenta das papeleiras. Sería obvio dicir que tamén os artistas e o público son material de desfeita procedente do teatro culto.

Todos estes achádegos azarosos fermentan xuntos para dar lugar a un espectáculo impredicible no comezo do proceso.

O artista perralleiro submérxese nesta montaña de materiais e recíclaos para convertelos en útiles ao servizo dos seus inconfesables designios. Como é sabido, aproveitar algo para un obxecto que non foi concibido (a perrallada) dá máis traballo que fabricalo completamente novo. Así, o perralleirismo que empeza o seu proceso intentando economizar acaba sendo un derroche escénico.
FICHA ARTíSTICA

  • Mofa.- Evaristo Calvo
  • Befa.- Víctor Mosqueira
  • Pitín Muñoz.- Piti Sanz
  • Textos. Alfonso Kkmo, Carlos Santiago, Victor Mosqueira, Evaristo Calvo.
  • Dirección. Mofa e Befa



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

  • Relacionadas
 

Documentación Baiona

Documentación PXOM

Contido do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Baiona

  1. INFORMACIÓN URBANÍSTICA
    1. Memoria informativa (.pdf 1MB)
    2. Planos de información xeral (.pdf 114MB)
    3. Planos información dos núcleos rurais 1/2000 (.pdf 43MB)
    4. Planos de información do casco urbano 1/1000 (.pdf 32MB)

  2. ESTUDO DO MEDIO RURAL E ANÁLISE
    DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL
    1. Memoria medio rural (.pdf 2MB)
    2. Modelo de asentamento poboacional (.pdf 2MB)
    3. Fichas de núcleos rurais, planos e ortofotos (.pdf 2MB)

  3. ORDENACIÓN
    1. Memoria xustificativa (.pdf 16MB)
    2. Estratexia de actuación e estudo económico (.pdf 62MB)
    3. Planos de ordenación dos núcleos 1/2000 (.pdf 48MB)
    4. Planos de ordenación do casco urbano 1/1000 (.pdf 150MB)
    5. Planos de clasificación do solo. Estrutura xeral do territorio 1/5000 (.pdf 44MB)
    6. Planos de infraestructuras 1/5000

  4. NORMATIVA URBANÍSTICA
    1. Normativa urbanística de Baiona (.pdf 138MB)

  5. CATALOGO DO PATRIMONIO CULTURAL
    1. Patrimonio arquitectónico e etnográfico (.pdf 15MB)
    2. Patrimonio arqueolóxico (.pdf 15MB)

 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa