| Verdegaia presenta alegacións ao parque eólico na Groba |
|
|
|
| Escrito por Verdegaia | |
| Xoves, 06 de Setembro do 2007 | |
![]() Parque Eólico de Carnota Así mesmo veríanse afectadas tres charcas estacionais de interese: a Poza Negra, a Poza da Gabiñeira e a Poza do Campo da Lebre. Nestas pozas desenvólvese unha comunidade vexetal de tipo estacional con especies como Callitriche sp., Glyceria sp., etc. Estas charcas estacionais destacan como lugar de reprodución de diversos anfibios, como Triturus boscai ou Bufo calamita, especies que están no Tomo IV: especies catalogadas como "de interese especial" dentro do Anexo I do Catálogo galego de especies ameazadas. As aves sedentarias e estivais como a Lullula arborea, Saxicola torquata, , Sylvia undata, Prunella modularis, Emberiza cia, Buteo buteo, Falco tinnunculus e Falco subbuteo incluídas no Tomo IV: especies catalogadas como "de interese especial" dentro do Anexo I do Catálogo galego de especies ameazadas veríanse tamén afectadas pola construción do Albariño I xunto coas especies invernantes como a Anthus pratensis tamén incluída no Tomo IV: especies catalogadas como "de interese especial" dentro do Anexo I do Catálogo galego de especies ameazadas. O parque eólico Albariño I preténdese construír na serra da Groba, un dos espazos interiores de maior interese ambiental do litoral sur galego. No contexto dos montes meridionais, a serra da Groba destaca pola súa calidade ambiental, unha calidade que se reflicte no feito de que constitúe o hábitat da mellor poboación galega de cabalo de monte, tanto en número de cabezas como en calidade xenética. Tamén é unha interesante área de paso nas migracións de diversas especies de aves, tanto terrestres como acuáticas e conta coa presenza de diferentes especies de animais escasos e a protexer segundo diferentes Directivas Europeas e Catálogaos de Fauna Ameazada e acolle diversos hábitats de interese comunitario, algúns tan importantes como as pradeiras de Nardus stricta, breixeiras húmidas e turbeiras. |
| < Ant. | Seg. > |
|---|