Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

04 12/08
Portada arrow Novas arrow Baiona arrow Verdegaia presenta alegacións ao parque eólico na Groba
Verdegaia presenta alegacións ao parque eólico na Groba PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 

Escrito por Verdegaia, o 06-09-2007

Visitas : 1154


Parque Eólico de Carnota
Parque Eólico de Carnota
O grupo ecoloxista Verdegaia ven de presentar alegacións á construción deste Parque Eólico situado nos Concellos de Baiona, Gondomar, Oia e Tomiño. A súa construción, según o colectivo  "significaría afeccións a espazos considerados hábitats prioritarios pola UE e un importante impacto faunístico, ademais de afectar a Cova da Moura, ás Mámoas do Arreiro e a distintos grupos de petroglifos." Entre os espazos afectados Verdegaia apunta "Breixeiras húmidas atlánticas meridionais de Erica ciliaris e E. tetralix"(cód. 4020) e "Turbeiras ácidas de esfagnos", Hábitats Prioritarios segundo os anexos do Real Decreto 1193/1998; e "Breixeiras secas" ( cód. 4030); "Vexetación casmofítica de pendentes rochosas. Subtipo silícola", (cód. 8220) e "Pastos pioneiros en superficies rochosas" (cód.8230), Hábitats de Interese Comunitario segundo o Anexo I: Tipos de Hábitats Naturais de Interese Comunitario para cuxa conservación é preciso designar zonas especiais de conservación, da Directiva 92/43/CEE.

Así mesmo veríanse afectadas tres charcas estacionais de interese: a Poza Negra, a Poza da Gabiñeira e a Poza do Campo da Lebre. Nestas pozas desenvólvese unha comunidade vexetal de tipo estacional con especies como Callitriche sp., Glyceria sp., etc. Estas charcas estacionais destacan como lugar de reprodución de diversos anfibios, como Triturus boscai ou Bufo calamita, especies que están no Tomo IV: especies catalogadas como "de interese especial" dentro do Anexo I do Catálogo galego de especies ameazadas.

As aves sedentarias e estivais como a Lullula arborea, Saxicola torquata, , Sylvia undata, Prunella modularis, Emberiza cia, Buteo buteo, Falco tinnunculus e Falco subbuteo incluídas no Tomo IV: especies catalogadas como "de interese especial" dentro do Anexo I do Catálogo galego de especies ameazadas veríanse tamén afectadas pola construción do Albariño I xunto coas especies invernantes como a Anthus pratensis tamén incluída no Tomo IV: especies catalogadas como "de interese especial" dentro do Anexo I do Catálogo galego de especies ameazadas.

O parque eólico Albariño I preténdese construír na serra da Groba, un dos espazos interiores de maior interese ambiental do litoral sur galego. No contexto dos montes meridionais, a serra da Groba destaca pola súa calidade ambiental, unha calidade que se reflicte no feito de que constitúe o hábitat da mellor poboación galega de cabalo de monte, tanto en número de cabezas como en calidade xenética. Tamén é unha interesante área de paso nas migracións de diversas especies de aves, tanto terrestres como acuáticas e conta coa presenza de diferentes especies de animais escasos e a protexer segundo diferentes Directivas Europeas e Catálogaos de Fauna Ameazada e acolle diversos hábitats de interese comunitario, algúns tan importantes como as pradeiras de Nardus stricta, breixeiras húmidas e turbeiras.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Documentación Baiona

Documentación PXOM

Contido do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Baiona

  1. INFORMACIÓN URBANÍSTICA
    1. Memoria informativa (.pdf 1MB)
    2. Planos de información xeral (.pdf 114MB)
    3. Planos información dos núcleos rurais 1/2000 (.pdf 43MB)
    4. Planos de información do casco urbano 1/1000 (.pdf 32MB)

  2. ESTUDO DO MEDIO RURAL E ANÁLISE
    DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL
    1. Memoria medio rural (.pdf 2MB)
    2. Modelo de asentamento poboacional (.pdf 2MB)
    3. Fichas de núcleos rurais, planos e ortofotos (.pdf 2MB)

  3. ORDENACIÓN
    1. Memoria xustificativa (.pdf 16MB)
    2. Estratexia de actuación e estudo económico (.pdf 62MB)
    3. Planos de ordenación dos núcleos 1/2000 (.pdf 48MB)
    4. Planos de ordenación do casco urbano 1/1000 (.pdf 150MB)
    5. Planos de clasificación do solo. Estrutura xeral do territorio 1/5000 (.pdf 44MB)
    6. Planos de infraestructuras 1/5000

  4. NORMATIVA URBANÍSTICA
    1. Normativa urbanística de Baiona (.pdf 138MB)

  5. CATALOGO DO PATRIMONIO CULTURAL
    1. Patrimonio arquitectónico e etnográfico (.pdf 15MB)
    2. Patrimonio arqueolóxico (.pdf 15MB)

 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa