Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

06 07/08
Portada arrow Especiais arrow O IEM tamén presenta alegacións ao proxecto de parque eólico na serra da Groba
O IEM tamén presenta alegacións ao proxecto de parque eólico na serra da Groba PDF Imprimir Correo-e
(1 voto)
 

Escrito por Redaccion, o 11-09-2007

Visitas : 551


Na súa primeira reunión, celebrada o pasado mércores 5 de setembro, a nova Xunta de Goberno do Instituto de Estudos Miñoranos acordou por unanimidade manifestarse ao respecto de dous proxectos que preocupan seriamente á sociedade miñorá. O proxecto do parque eólico na serra da Groba e a nova lámina de auga de amarre en Baiona.

O IEM manifesta a súa oposición ás pretensións de Portos de Galicia de privatizar preto de 36.000 m2 de lámina de auga emprazada entre A Doca e o Club de Iates Monterreal. O IEM considera que

En aparencia trátase dun ordenamento da baía, na realidade é sacar a concurso un ben público e que unha empresa privada tire beneficios por unha interesada incapacidade da administración. Esta pretensión non vén máis que a agravar as consecuencias do recheo e da obra civil en superficie e altura que algúns pretenden aprobar no novo plan xeral.

O IEM manifestou así o seu apoio ás iniciativas veciñais e da Confraría  

O IEM tamén se posicionou respecto ao proxecto do parque eólico Albariño I na serra da Grba que a empresa Eurovento que por en marcha cunha extensión de 2 millóns de metros cadrados. A xunta de goberno do IEM expuso o seu apoio a favor das enerxías limpas e renovables, entre elas a enerxía eólica, pero considera que a súa expansión ten que realizarse dun xeito non indiscriminado e a calquera prezo.

A sección de medioambiente que dirixe Fernando Lahuerta Mouriño puxo de manifesto que

...a Serra da Groba é o único sitio do país e da Península Ibérica onde viven uns 2.500 cabalos salvaxes da máis pura raza galega cunha fondísima raizame en todas as aldeas da serra...
Estas manadas dan lugar aos famosos e ancestro curros de Torroña, A Valga, Mougás e San Cibrán co epicentro na valgada de Torroña, xusto ao redor da cal se proxecta colocar 21 muíños eólicos. 

Esta riqueza e a doutros fitos patrimoniais como petróglifos, o foxo de lobos, minería aurífera romana, o cemiterio neolítico, e o alto valor paisaxístico e ambiental, e polo tanto turístico e económico, da serra é a que nos leva a considerar a Serra da Groba como un MONUMENTO NATURAL E CULTURAL que debería se converter nunha RESERVA NATURAL e ETNOGRÁFICA

A Xunta de Goberno do IEM manifestou o seu apoio a todas as accións tendentes a preservar o valor paisaxístico, etnográfico, natural, patrimonial e cultural da Serra da Groba.

Ao tempo tanto a Sección de Medio Ambiente dirixida por Fernando Lahuerta Mouriño como a Sección de Prehistoria, Arqueoloxía, Historia e Etnografía da que é responsable Eduardo Méndez Quintas teñen presentado presentaron xa ante a Consellería de Industria sendas alegación ao Parque Eólico .




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >