Especiais
Parque Eólico na Groba
O IEM tamén presenta alegacións ao proxecto de parque eólico na serra da Groba | O IEM tamén presenta alegacións ao proxecto de parque eólico na serra da Groba |
|
|
|
| Escrito por Redaccion | |
| Martes, 11 de Setembro do 2007 | |
|
Na súa primeira reunión, celebrada o pasado mércores 5 de setembro, a nova Xunta de Goberno do Instituto de Estudos Miñoranos acordou por unanimidade manifestarse ao respecto de dous proxectos que preocupan seriamente á sociedade miñorá. O proxecto do parque eólico na serra da Groba e a nova lámina de auga de amarre en Baiona. O IEM manifesta a súa oposición ás pretensións de Portos de Galicia de privatizar preto de 36.000 m2 de lámina de auga emprazada entre A Doca e o Club de Iates Monterreal. O IEM considera que En aparencia trátase dun ordenamento da baía, na realidade é sacar a concurso un ben público e que unha empresa privada tire beneficios por unha interesada incapacidade da administración. Esta pretensión non vén máis que a agravar as consecuencias do recheo e da obra civil en superficie e altura que algúns pretenden aprobar no novo plan xeral. O IEM manifestou así o seu apoio ás iniciativas veciñais e da Confraría O IEM tamén se posicionou respecto ao proxecto do parque eólico Albariño I na serra da Grba que a empresa Eurovento que por en marcha cunha extensión de 2 millóns de metros cadrados. A xunta de goberno do IEM expuso o seu apoio a favor das enerxías limpas e renovables, entre elas a enerxía eólica, pero considera que a súa expansión ten que realizarse dun xeito non indiscriminado e a calquera prezo. A sección de medioambiente que dirixe Fernando Lahuerta Mouriño puxo de manifesto que ...a Serra da Groba é o único sitio do país e da Península Ibérica onde viven uns 2.500 cabalos salvaxes da máis pura raza galega cunha fondísima raizame en todas as aldeas da serra...Estas manadas dan lugar aos famosos e ancestro curros de Torroña, A Valga, Mougás e San Cibrán co epicentro na valgada de Torroña, xusto ao redor da cal se proxecta colocar 21 muíños eólicos. Esta riqueza e a doutros fitos patrimoniais como petróglifos, o foxo de lobos, minería aurífera romana, o cemiterio neolítico, e o alto valor paisaxístico e ambiental, e polo tanto turístico e económico, da serra é a que nos leva a considerar a Serra da Groba como un MONUMENTO NATURAL E CULTURAL que debería se converter nunha RESERVA NATURAL e ETNOGRÁFICA A Xunta de Goberno do IEM manifestou o seu apoio a todas as accións tendentes a preservar o valor paisaxístico, etnográfico, natural, patrimonial e cultural da Serra da Groba. Ao tempo tanto a Sección de Medio Ambiente dirixida por Fernando Lahuerta Mouriño como a Sección de Prehistoria, Arqueoloxía, Historia e Etnografía da que é responsable Eduardo Méndez Quintas teñen presentado presentaron xa ante a Consellería de Industria sendas alegación ao Parque Eólico . |
| < Ant. | Seg. > |
|---|
Documento de Alegacións presentado por Salvemos Monteferro
Descargar documento (28 KB)
Documento de alegacións medioambientais presentado polo IEM
Descargar documento (27 KB)
Documento de alegacións sobre o patrimonio presentado polo IEM
Descargar documento (32 KB)
Documento de alegacións presentado polo BNG de Baiona
Descargar documento (855 KB)