Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

06 07/08
Portada arrow Especiais arrow Parque Eólico na Groba arrow Salvemos Monteferro pide que non se execute o proxecto do parque eólico da Serra da Groba
Salvemos Monteferro pide que non se execute o proxecto do parque eólico da Serra da Groba PDF Imprimir Correo-e
(3 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 12-09-2007

Visitas : 544


Cabalos salvaxes na Groba
Cabalos salvaxes na Groba
A asociación de defensa ambiental Salvemos Monteferro presentou ante o conselleiro de Innovación, Fernando Blanco, unha serie de alegacións contra o parque eólico 'Albariño I ', situado na pontevedresa Serra da Groba, polas "graves" consecuencias que leva, e esixen que o proxecto non se execute.
A plataforma Salvemos Monteferro insistiu en que a construción do parque eólico , que ocupa os municipios de Oia, Baiona, Gondomar e Tomiño, "vulnera" a lexislación vixente de protección da biodiversidade, e afecta a ámbitos de protección especial de diferentes especies.

Así mesmo, os ecoloxistas defenden que a implantación das muíños nunha zona afectada de modo "catastrófico" polos incendios de 2006, contradi a Lei de Montes, que estipula para este caso un período de 30 anos para a rexeneración da cuberta vexetal, polo que solicitan que se retire o proxecto polo menos ata o 2036.

Ademais, segundo afirma a organización, a zona afectada goza dunha "gran riqueza arqueolóxica", con variedade de mámoas, petroglifos e muíños rupestres de "altísimo" valor arqueolóxico; que se vería "gravemente" afectada polas actuacións proxectadas.

Tamén o patrimonio xeolóxico quedaría "negativamente" afectado polas obras, xa que no territorio construído atópase unha cova granítica de fisura, "única en Galiza", e cuxo interese xeolóxico só se pode comparar co Pico Sacro, apuntou Salvemos Monteferro.

Igualmente, a organización considera que a cabana de cabalo galego sufrirá as consecuencias destas obras, así como a riqueza etnográfica da zona. Para rematar, criticou a "desmesura" dos terreos afectados e o grave impacto paisaxístico que o parque eólico suporá.



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
 

Albariño 1

Videoreproducción parque eólico
Ver simulación creada por www.salvemosmonteferro.org 
* A zona verde delimita a extensión do parque eólico. 

 

Documentacion

 

Documento de Alegacións presentado por Salvemos Monteferro
Descargar documento (28 KB)

Documento de alegacións medioambientais presentado polo IEM
Descargar documento (27 KB)

Documento de alegacións sobre o patrimonio presentado polo IEM
Descargar documento (32 KB)

 Documento de alegacións presentado polo BNG de Baiona
Descargar documento (855 KB)

Videos


 

 

 

reportaxe da televisión Noruega. 

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Estás a favor da instalación do parque eólico na Groba?