Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

29 08/08
Portada arrow Novas arrow Nigrán arrow Salvemos Monteferro pide que non se execute o proxecto do parque eólico da Serra da Groba
Salvemos Monteferro pide que non se execute o proxecto do parque eólico da Serra da Groba PDF Imprimir Correo-e
(3 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 12-09-2007

Visitas : 699


Cabalos salvaxes na Groba
Cabalos salvaxes na Groba
A asociación de defensa ambiental Salvemos Monteferro presentou ante o conselleiro de Innovación, Fernando Blanco, unha serie de alegacións contra o parque eólico 'Albariño I ', situado na pontevedresa Serra da Groba, polas "graves" consecuencias que leva, e esixen que o proxecto non se execute.
A plataforma Salvemos Monteferro insistiu en que a construción do parque eólico , que ocupa os municipios de Oia, Baiona, Gondomar e Tomiño, "vulnera" a lexislación vixente de protección da biodiversidade, e afecta a ámbitos de protección especial de diferentes especies.

Así mesmo, os ecoloxistas defenden que a implantación das muíños nunha zona afectada de modo "catastrófico" polos incendios de 2006, contradi a Lei de Montes, que estipula para este caso un período de 30 anos para a rexeneración da cuberta vexetal, polo que solicitan que se retire o proxecto polo menos ata o 2036.

Ademais, segundo afirma a organización, a zona afectada goza dunha "gran riqueza arqueolóxica", con variedade de mámoas, petroglifos e muíños rupestres de "altísimo" valor arqueolóxico; que se vería "gravemente" afectada polas actuacións proxectadas.

Tamén o patrimonio xeolóxico quedaría "negativamente" afectado polas obras, xa que no territorio construído atópase unha cova granítica de fisura, "única en Galiza", e cuxo interese xeolóxico só se pode comparar co Pico Sacro, apuntou Salvemos Monteferro.

Igualmente, a organización considera que a cabana de cabalo galego sufrirá as consecuencias destas obras, así como a riqueza etnográfica da zona. Para rematar, criticou a "desmesura" dos terreos afectados e o grave impacto paisaxístico que o parque eólico suporá.



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Consideras necesaria a intervención xudicial na situación económica de Nigrán?