Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

29 08/08
Portada arrow Novas arrow Baiona arrow Vitrasa podería extender o seu servizo de transporte no 2008 no Val Miñor
Vitrasa podería extender o seu servizo de transporte no 2008 no Val Miñor PDF Imprimir Correo-e
(2 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 17-09-2007

Visitas : 563


Tarxeta do Transporte Metropolitano de Galicia
Tarxeta do Transporte Metropolitano de Galicia
Ao longo de 2008 funcionará por primeira vez na área de Vigo o transporte público de carácter metropolitano. O anuncio foi realizado onte en Vigo pola conselleira de Política Territorial, a socialista María José Caride, quen estaba acompañada polo alcalde vigués.
Na dita xuntanza quedou patente a vontade coincidente de ambas administracións de apostar polo transporte público e sentáronse as bases en que se materializará a dita aposta.

Acordouse que, no futuro, e cando sexa aprobada polo Parlamento galego a Lei da Área Metropolitana de Vigo, serán os órganos xestores correspondentes da dita Área Metropolitano os que se convirtan na autoridade competente en materia de transportes e, por tanto, a que xestione o Plan de Transporte que se pretende pór en marcha.

As distintas administracións, tanto autonómica como locais, contribuirán á promoción do transporte público mediante a subvención do prezo do billete de acceso a Vigo, de tal xeito que os viaxeiros teñan que pagar unha menor contía por cada viaxe que realicen. A Xunta de Galicia subvencionaría 0,21Euro, os concellos 0,10Euro e os operadores de transporte 0,04Euro.

Para acceder a esta redución do prezo do billete será necesaria a utilización de tarxetas-moedeiro, que se pretende que sexan compatibles coa tarxeta actual do transporte urbano de Vigo, de xeito que un viaxeiro poida aboar indistintamente con calquera das dúas tarxetas tanto as viaxes nos servizos interurbanos como nos urbanos de Vigo.

Tamén se acordou que se estudará a adopción de medidas tendentes á articulación dos servizos interurbanos cos servizos do operador urbano de Vigo (Vitrasa).


A curto prazo estudarase a posibilidade de establecer un billete que permita o trasbordo entre servizos interurbanos e o urbano de Vigo.

En próximas datas contactarase co resto dos concellos integrantes da primeira fase deste proxecto, Moaña, Cangas, Nigrán, Mos, Redondela, Porriño e Gondomar, para coñecer as súas propostas e tratar de plasmalas nun acordo definitivo que permita darlle darlle un pulo definitivo ao transporte metropolitano na área de Vigo, aos que, nunha segunda fase, se engadirán o resto dos concellos da área metropolitan de Vigo. Para iso será necesario que todos os concellos aproben, nos seus órganos correspondentes (Plenos ou Comisións de Goberno) a proposta de convenio que se está elaborando pola Administración autonómica.

De igual xeito tamén se realizarán contactos cos distintos operadores de transporte implicados neste Plan, tanto interurbanos, operador urbano de Vigo e operador do transporte de ría.



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 1 de 1 Comentarios

onde está todo isto

Escrito por: Pincho (Invitado) o 23-08-2008

Ver 1 de 1 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Documentación Baiona

Documentación PXOM

Contido do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Baiona

  1. INFORMACIÓN URBANÍSTICA
    1. Memoria informativa (.pdf 1MB)
    2. Planos de información xeral (.pdf 114MB)
    3. Planos información dos núcleos rurais 1/2000 (.pdf 43MB)
    4. Planos de información do casco urbano 1/1000 (.pdf 32MB)

  2. ESTUDO DO MEDIO RURAL E ANÁLISE
    DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL
    1. Memoria medio rural (.pdf 2MB)
    2. Modelo de asentamento poboacional (.pdf 2MB)
    3. Fichas de núcleos rurais, planos e ortofotos (.pdf 2MB)

  3. ORDENACIÓN
    1. Memoria xustificativa (.pdf 16MB)
    2. Estratexia de actuación e estudo económico (.pdf 62MB)
    3. Planos de ordenación dos núcleos 1/2000 (.pdf 48MB)
    4. Planos de ordenación do casco urbano 1/1000 (.pdf 150MB)
    5. Planos de clasificación do solo. Estrutura xeral do territorio 1/5000 (.pdf 44MB)
    6. Planos de infraestructuras 1/5000

  4. NORMATIVA URBANÍSTICA
    1. Normativa urbanística de Baiona (.pdf 138MB)

  5. CATALOGO DO PATRIMONIO CULTURAL
    1. Patrimonio arquitectónico e etnográfico (.pdf 15MB)
    2. Patrimonio arqueolóxico (.pdf 15MB)

 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa