| Escrito por Redaccion,
o 20-09-2007
|
Visitas : 526 |
O vindeiro sábado 22 de setembro celébrase a 1ª Masa Crítica Galega en Compostela. Achegaranse ciclousuarios e ciclousuarias de toda Galicia na que se pretende sexa unha xornada lúdico-reivindicativa onde defender que outra forma de movérmonos é posíbel! .
Programa - 11:30 - Mini-Obradoiro de mecánica e decoración reivindicativa da bici. Poderás axustar a túa bici e decorala. Trae ideas e materiais para compartir!
- 12:30 - Masa Crítica Galega. Saída dende a Alameda Ver percorrido (9.60 km):
- 14:00 - Xantar Colectivo no Parque de Bonaval. Trae o teu xantar!
- 17:00 - Proxección do Documental Return of the scorcher (v.o. subtitulada ao galego) que describe os inicios do "movemento" da masa crítica en San Francisco no centro social O Pichel na rúa Sta. Clara e mesa redonda coa participación de representantes de grupos de ciclousuarios/as participantes sobre a situación da bici en Galicia, futuro etc.....
descargar o cartaz .
|
|
|
 |
|
|
|
|
|