Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

30 08/08
Portada arrow Canais arrow Música arrow SOS Courel, concentración na praia de Samil
SOS Courel, concentración na praia de Samil PDF Imprimir Correo-e
(1 voto)
 

Escrito por Redaccion, o 22-09-2007

Visitas : 485


Canteira de pizarra no Courel
Canteira de pizarra no Courel
A 'Plataforma a Ría non se vende' e Salvemos Monteferro fan un chamamento a tódala cidadanía para unha concentración en solidariedade co Courel, este domingo día 23 ás 11:00 da mañá na pista de patinaxe de Samil.

Os colectivos ecoloxistas animas a participar neste acto festivo deivindicativo para sumar o seu apoio ao colectivo SOS Courel que solicitan a protección desta paraxe que está baixo a amezada de explotacións canteiras e mineiras ilegais.

 Declaración de Foslgoso do Courel como concello Mineiro

A asociación ecolóxica e cultural SOS-Courel, integrada por veciños residentes neste Espazo Natural, están a recoller sinaturas para denunciar "a desfeita ambiental e cultural que se está a levar a cabo en toda a comarca" e ante "a inminente aprobación da Lei de Ordenación da Minaría", pola cal, segundo interpretan dende a organización, Folgoso do Courel podería ser declarado 'concello mineiro'.

Concretamente, aluden ao artigo 46 do anteproxecto da lei, no que se estabelece que o Goberno, "a solicitude dos concellos afectados, poderá declarar como concellos mineiros aqueles nos que exista ou teña existido unha dependencia da minaría para a súa economía".

Porén, dende a Consellería de Industria afirman que "ademais de se tratar simplemente dun anteproxecto de lei, que aínda ten que ser debatido no Parlamento e ratificado polo Consello, a norma, en ningún caso, impón que concellos van ser declarados mineiros e cal non".

Recorte da superficie do espazo natural

Dende SOS-Courel manifestan o seu temor a que, de ser o caso, "por presunto interese social, a minaría terá prioridade sobre o Parque Natural neste municipio, e que se poderá ir recortando na medida das necesidades", segundo interpretan do proxecto de lei. Mais dende Industria sinalan que eles "non van entrar en interpretacións".

O Courel foi declarado Espazo Natural en 1989 polos seus valores naturais e culturais, e está incluído na Rede Natura 2000. SOS-Courel solicítalle ao Goberno a súa declaración inmediata como Parque Natural, "incluíndo dentro, como mínimo, as cuncas íntegras dos ríos Lor (corredor biolóxico de unión dos Ancares e do Canón do Sil, descualificado en 2004 fóra do Espazo Natural), Louzara, Selmo, Soldón e Ferreiriño".

Implicación da veciñanza

Ademais, esixen "que se libre deste territorio todo tipo de impactos e concesións incompatíbeis, como canteiras, parques eólicos ou centrais hidroeléctricas", así como tamén a asignación dun orzamento suficiente, para a dotación de servizos públicos, a recuperación ambiental e cultural, e a habilitación dos instrumentos axeitados para a implicación dos veciños na xestión do Parque Natural.

 

 




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Novo disco Dakidarria

Enquisa