| Falecen dous mozos en senllos accidentes de tráfico en Gondomar |
|
|
|
| Escrito por EFE | |
| Luns, 24 de Setembro do 2007 | |
|
Dous accidentes de tráfico ocorridos no termo municipal de Gondomar (Pontevedra) ao fío da pasada medianoite, con tan só unha hora de diferenza, saldáronse coa morte dun menor de idade de 15 anos e un mozo de 21 anos, segundo informaron fontes da Garda Civil de Tráfico. O primeiro dos sinistros rexistrouse ás 23.00 horas de onte na estrada EP-2302, que comunica Gondomar-Chaín e Morgadanes, cando se saíu da vía o turismo no que viaxaba o adolescente de 15 anos falecido, I.R.P. Pola súa banda, o mozo que conducía o vehículo, A.T.F., de 21 anos de idade, resultou ferido leve.
O outro accidente ocorreu sobre as 00.00 horas de hoxe na estrada PO-331, que comunica O Porriño e Gondomar, cando chocaron de forma frontolateral dous vehículos, o que provocou que falecese o ocupante do asento traseiro dun dos turismos e outros catro homes resultasen feridos de diversa consideración. O home falecido, M.R.A., de 21 anos de idade, era veciño de Vigo e viaxaba na parte traseira do Citroën Saxo que chocou contra un Peugeot 206. Os bombeiros trasladáronse ata o lugar do sinistro, pero cando chegaron xa non puideron facer nada por salvarlle a vida.
|
| < Ant. | Seg. > |
|---|