| Escrito por Redaccion,
o 26-09-2007
|
Visitas : 661 |
A exposición de pintura de Diego Poderase ver ata finais de mes no Hall do Concello de Baiona en horario de mañá de 10:00-14:00h i en horario de tarde de 18:00-21:00h. Nado na provincia de Pontevedra, dende moi neno comeza a interesarse polo debuxo e a escultura. Despois de realizar estudios destas materias viaxa a Cataluña: Barcelona, Girona, Figueras, Cadaqués, etc.
Fai múltiples exposicións por España e Portugal, sempre coa colaboración de institucións: Xunta de Galicia, Deputacións Provinciais, caixas de aforro , etc. Os museos comezan a interesarse pola súa obra na década dos oitenta. Na actualidade está representado en numerosos museos de varios países. Realizou 320 exposicións individuais e un gran número de colectivas. A súa obra figura en 133 museos de 14 países de Asia, Europa, América e África. Colaboran nas súas exposicións 165 concellos e 18 deputacións de España, 19 Cámaras Municipais de Portugal e Centros Rexionais, etc. Ten unha biografía de 28 libros realizados por distintas institucións de España e Portugal.
|
|
|
 |
|
|
|
|
|