
Roteiro Reivindicativo
O venres 28 de setembro, Roteiro Nocturno Máxico Reinvindicativo organizado polo recén constituído colectivo SOS Groba, contra o proxecto do parque eólico da Groba.
Sos Groba pretende con esta xeira por en coñecemnto da xente, parte do patrimonio e riqueza desta serra que está en perigo de desaparición se finalmente se leva a cabo o devandito parque eólico.
Seguindo a experiencia innovadora feita polo IEM nas xeiras do verán e que consegui acadar un éxito de partiticipación moi notable, o arqueólogo e historiador do IEM Xose Lois Vilar, levará aos asistentes a unha nova viaxe que partirá da Cruz de Pao, un cemiterio neolítico en plena Groba, para rematar na Laxe Cruzada, un petroglifo que contén o labirinto gravado máis grande de Europa, sobre o que está previsto chantar dous muiños aeroxeradores do parque eólico Albariño I.
O motivo de que este roteiro sexa nocturno non é casualdiade, se non que a noite permite poder apreciar a beleza dos petroglifos con luz artificial rasante, algo que á luz do día é imposible de apreciar.
Datos do roteiro:
Día: Venres 28 de setembro de 2007
Puntos de encontro
- Praia de Santa Marta (Baiona) Hora 19:45
- Chan da Lagoa (despois da Virxe da Roca) no Bar de Nat
- Bar Paco (Torroña) Hora 20:00 h
A marcha a pé comezará na Cruz de Pau ás 20:30 e durará aproximadamente dúas horas (ida e volta). Non reviste dificultade, pero recomendamos levar calzado adecuado, roupa de abrigo e unha lanterna.
SOS Groba promete sorpresas e momentos únicos neste roteiro.
Para máis información pódese chamar ao número 647965193