
Visita aos petroglifos de Outeiro dos Lameiros
Máis de medio milleiro de persoas acudiron onte á convocatoria do colectivo
SOS Groba en mostra do rexeitamento á ubicación dun parque eólico na serra da Groba.
Video TVG
Xentes de Moaña, Cangas, Pontevedra, Bouzas, Redondela, do Baixo Miño e do Val Miñor se achegaron onte ata esta paraxe guiados polo historiador e experto en arte rupestre Xose Lois Vilar Pedreira para coñecer de primeiroa man a riqueza que garda a paraxe natural.. A comitiva partiu ás 20 da tarde den Santa Marta ata Chan da Lagoa e de ahí continuaron subindo o Cortelliño ata chegar a cima.
O colectivo organizou in situ a proxección do documental sobre a historia dos curros na Groba.
A marcha continuou posteriormente percorrendo a pé ata o cemiterio neolítico da Cruz de Pao para rematar na Laxe Cruzada, o petroglifo que contén o labirinto gravado máis grande de Europa, sobre o que está previsto a construcción de dous muiños aeroxeradores do parque eólico Albariño I.
Toda esta riqueza patrimonioal verase afectada ou, ata, destruída pola construción do futuro parque eólico Albariño I na zona».
SOS Groba demanda que non se coloquen os aeroxeradores e que a zona afectada sexa declarada espazo natural e cultural, xa que «representa un lugar de paso de especies migratorias, hábitat de flora e fauna endémica, morada de 2.500 cabalos da máis pura raza galega, espazo arqueolóxico con centos de petróglifos e mámoas, xacementos ao aire libre, un castelo medieval ou dous foxos de lobos».
O proxecto significaría «construír un polígono industrial de produción de enerxía para exportar que suporía unha enorme e atroz urbanización do monte». Afirman que os informes enviados pola promotora «esquecen unha gran parte dos xacementos arqueolóxicos da Groba, omiten a vulneración de sete directivas europeas e faltan á verdade cando falan dun mínimo impacto visual».