Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

04 12/08
Portada arrow Canais arrow Deportes arrow 500 persoas marcharon pola Groba nun acto educativo reivindicativo.
500 persoas marcharon pola Groba nun acto educativo reivindicativo. PDF Imprimir Correo-e
(4 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 29-09-2007

Visitas : 974


Visita aos petroglifos de Outeiro dos Lameiros
Visita aos petroglifos de Outeiro dos Lameiros
Máis de medio milleiro de persoas acudiron onte á convocatoria do colectivo SOS Groba en mostra do rexeitamento á ubicación dun parque eólico na serra da Groba. Video TVG

Xentes de Moaña, Cangas, Pontevedra, Bouzas, Redondela, do Baixo Miño e do Val Miñor se achegaron onte ata esta paraxe guiados polo historiador e experto en arte rupestre Xose Lois Vilar Pedreira para coñecer de primeiroa man a riqueza que garda a paraxe natural.. A comitiva partiu ás 20 da tarde den Santa Marta ata Chan da Lagoa e de ahí continuaron subindo o Cortelliño ata chegar a cima.

O colectivo organizou in situ a proxección do documental sobre a historia dos curros na Groba.

A marcha continuou posteriormente percorrendo a pé ata o cemiterio neolítico da Cruz de Pao para rematar na Laxe Cruzada, o petroglifo que contén o labirinto gravado máis grande de Europa, sobre o que está previsto a construcción de dous muiños aeroxeradores do parque eólico Albariño I.

Toda esta riqueza patrimonioal verase afectada ou, ata, destruída pola construción do futuro parque eólico Albariño I na zona».

SOS Groba demanda que non se coloquen os aeroxeradores e que a zona afectada sexa declarada espazo natural e cultural, xa que «representa un lugar de paso de especies migratorias, hábitat de flora e fauna endémica, morada de 2.500 cabalos da máis pura raza galega, espazo arqueolóxico con centos de petróglifos e mámoas, xacementos ao aire libre, un castelo medieval ou dous foxos de lobos».

O proxecto significaría «construír un polígono industrial de produción de enerxía para exportar que suporía unha enorme e atroz urbanización do monte». Afirman que os informes enviados pola promotora «esquecen unha gran parte dos xacementos arqueolóxicos da Groba, omiten a vulneración de sete directivas europeas e faltan á verdade cando falan dun mínimo impacto visual».




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >