Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

14 10/08
Portada arrow Canais arrow Deportes arrow Baiona está incluída na zona de interese para futuros parques eólicos no mar
Baiona está incluída na zona de interese para futuros parques eólicos no mar PDF Imprimir Correo-e
(1 voto)
 

Escrito por Redaccion, o 30-09-2007

Visitas : 790


offshore - Parque eólico mariño en Dinamarca
Offshore - Parque eólico mariño en Dinamarca
Segundo publica El Pais , a Xunta ameaza ao Goberno central para impedir os parques eólicos no mar. Un estudo do Goberno central sobre as áreas potencialmente máis valiosas neste campo incluíu no seu día un sector da costa de Lugo e o litoral de Oia dende Baiona ata a fronteira portuguesa.

A instalación de aeroxeneradores no mar, unha realidade en países como Holanda e o Reino Unido que empeza a tomar forma nalgúns puntos da costa andaluza, resulta moi apetitosa para as empresas do sector. Aínda que a creación destes parques é máis cara que en terra, resultan máis rendibles porque os ventos no mar garanten unha produción sostida de enerxía.

Continúa en El Pais




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 1 de 1 Comentarios

Isto de comparar nun foi bo

Escrito por: Pinto (Rexistrado) o 03-10-2007

Isto de comparar nun foi bo

Escrito por: Pinto (Rexistrado ) o 03-10-2007

A min me parece que isto de comparar con outros paises non é bo. 
Se ben é certo que en Dinamarca existen este tipo de instalacións teño que aclarar que a orografía deste pais non é comparable á orografía de Galicia, e menos a súa realidade económica e de infraestructuras. 
 
Por exemplo, en Dinamarca moitos dos parques eólicos son de fornecemento de áreas locais. É dicir, que producen a súa propia enerxía. Un plantexamento máis lóxico e que dista moito do plantexamento dos parques eólicos en Galicia, no que o fornecemento dos concellos onde están instalados estes trebellos soe ser precario. E o Val Miñor non é alleo a isto. Prentender colcar un parque eólico, cunha infrestructura de transporte da producción eléctrica con torretas de cables de alta (altísima) tensión cruzando todo o Val Miñor de extremo a extremo polo aire, e non soterrado. Pasando por riba das casas,...e depois ter parroquias en Nigrán e Parada onde teñen problemas de estabilidade da tensión electríca con picos de tensión (subidas e baixadas) que estraga todo tipo de maquinaria e electrodomésticos, pois parece non ter sentido ningún.  
 
O caso dos parques eólicos no mar..por exemplo en Dinamarca. Son parques que están bastante afastados da liña de costa, e onde o calado é dun 35 metros de profundidade, algo que dista da realidade de Galicia. Por iso que o de pretender ser europeos a medias é unha política nefasta e de absoluta ignorancia. 
 
E como dicir que en España custa máis barato a gasolina, ou que teñen que subir os prezos dos coches porque son os maís baratos de europa. Esa non é a forma de comparar. A forma de compararnos con Europa é, cantas horas ten que traballar un empregado en españa e cantas horas traballa un en francia para pagar un litro de gasolina ou para mercar un coche. Ahí é onde esta a difrencia de España do resto da Unión Europea.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 1 de 1 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >