| Escrito por Vieiros,
o 01-10-2007
|
Visitas : 674 |
 Foto manifestación - Vieiros.com O Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol, que dende 2001 reclama o traslado de Reganosa ao porto exterior, convooua para o domingo unha manifestación contra a planta de gas de Mugardos na que reclamou que non se autorice o seu funcionamento comercial. Á convocatoria asistiron máis de 5.000 persoas.
A mobilización partiu pouco despois do mediodía do Porto de Ferrol, do peirao de Curuxeiras, dende onde se pode ver a instalación de Reganosa. A marcha rematou, tras percorrer as rúas da cidade, na praza de Armas, fronte ao concello. Continúa en Vieiros.com
|
|
|
|