Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

05 07/08
Portada arrow Canais arrow Decide ti o prezo. Nova forma de vender discos
Decide ti o prezo. Nova forma de vender discos PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 

Escrito por Eneas Freire, o 02-10-2007

Visitas : 566


Portada do grupo británico Radiohead
Portada do grupo británico Radiohead
Radiohead están chegando á conclusion de que o modelo tradicional do negocio discográfico está sinxelamente deixando de funcionar. Buscando alternativas, idearon dúas de aparencia moi intelixente, acompañando ao lanzamento do seu novo disco. A primeira delas podería chamarse decide ti o prezo.
Simplemente pagas á banda a cantidade que ti creas que debe pagarse por descárgaa do arquivo digital, e Yorke e os seus amigos quedan contentos. Para quen quere algo máis, editarán tamén un discbox que conterá o disco en CD e en vinilo, así como un CD adicional con sete cancións extra, ademais de agasallos en forma de fotografías, letras impresas e outras trangalladas.
 
Radiohead seguen así os pasos de tipos como Trent Reznor, quen chegaron á conclusión de que a música é en si mesma un valor engadido para moitos outros artigos promocionales, e de que sempre haberá quen está interesado a comprar, se o que lle vendes é realmente interesante. En Techdirt admíranse de como están sendo os músicos e non as etiquetas ?quen de verdade deberían coñecer o negocio? quen están adiviñando como facer pagar ao seu público por un valor engadido á música.



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 1 de 1 Comentarios

Caralludo

Escrito por: Pinto (Rexistrado) o 02-10-2007

Caralludo

Escrito por: Pinto (Rexistrado ) o 02-10-2007

A verdade é que a idea é caralluda. Está claro que os grupos musicais deben plantexarse ben as políticas de distribución do seu traballo cando de todos é sabido que o que máis gañanza lles dá, salvo a David Bustamante, é facer concertos. E para elo o grupo ten que ser escoitado e promocionarse ben. E cal é a mellor maneira de promocionarse cun baixo custe...internet. 
Pois a ver se vamos abrindo os ollos.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 1 de 1 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >