| Escrito por Redaccion,
o 02-10-2007
|
Visitas : 818 |
Segundo publica o Faro de Vigo , a construción da escola cerámica en chan protexido levará ao anterior alcalde de Nigrán, o conservador Alfredo Rodríguez, ao actual concellal de Unión Centrista Antonio Fernández e o ex concellal de vias e obras do desaparecido PINN José Comesaña , ao banco dos acusados por un presunto delito urbanístico.
A Fiscalía formalizará nos próximos días a acusación por un delito contra a ordenación do territorio. Unha vez que as partes acudidas cualifiquen os feitos, solicitarase a apertura de xuízo oral. A pena máxima por este tipo de delitos está fixada en 3 anos de prisión e outros tantos de inhabilitación, polo que ante a ausencia de antecedentes penais o ex rexedor de Nigrán, se fose condenado, podería eludir o seu ingreso no cárcere. Continúa en Faro de Vigo
|
|
|
|
isto xa se viña vir
Escrito por: Pinto (Rexistrado) o 02-10-2007