| Escrito por Redaccion,
o 04-10-2007
|
Visitas : 595 |
 Roteiro día das aves na Groba O próximo Domingo día 7 de Outubro, SOS GROBA organiza un roteiro pola Serra da Groba bautizado como o "Día das aves" en protesta á construcción do parque eólico da Groba. Esté é a segunda das actividades programadas por SOS Groba para chamar a atención sobre os valores patriomoniais e naturais desta paraxe. O pasado venres, SOS Groba organizou un roteiro nocturno ao que acudiron preto de cincocentas persoas.
O roteiro durará todo o día polo que os organizadores recomendan levar comida e bebida. As saídas serán ás 10:00 da estación de bus de Vigo e ás 11:00 da Praza de Abastos de Sabarís. Por outra banda, tanto o sábado 6 como o domingo 7 estará instalada unha carpa na Palma de Baiona (xunto á praia da Ribeira) onde se proxectarán documentais sobre a Serra da Groba e se recollerán sinaturas contra o proxecto do Parque Eólico Albariño. Estará aberta os dous días de 10:00 a 20:00 horas
|
|
|
 |
|
|
|
|
|