Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

01 12/08
Portada arrow Canais arrow Deportes arrow Tesouros en xabre
Tesouros en xabre PDF Imprimir Correo-e
(1 voto)
 

Escrito por baionaconsciente.blogaliza.org, o 06-10-2007

Visitas : 739


ImageO prezo do solo en Baiona está polas nubes, non é ningún segredo. Que por iso os xóvenes de Baiona teñen que emigrar a zonas máis asequibles e onde haxa traballo tampouco se lle escapa a nadie.

Agora sí, quénes son os responsables deste problema xa é unha circunstancia que se dilúe máis.

O caso da parcela dos Tendais reservada para vivenda protexida é un caso significativo de como unha unha serie de decisións políticas poden condicionar a economía dunha localidade.

Desde que se constituiu a xunta de compensación dos Tendais ata hoxe pasaron máis de sete anos, tempo dabondo como para que influiran nela tres gobernos diferentes. Nun principio foi o goberno de Manolo Vilar, daquela no PP, quen iniciou os trámites de urbanización, logo pasou o pacto PSOE-BNG que inaugurou a mesma e o goberno de Almuiña somentes puido ter influenza no campo do Aral e na parcela anteriormente mencionada.

A vixente Lei do Solo establece unha reserva mínima do 10% da edificación total para vivenda en réxime de protección. A pregunta que nos pode asaltar nestes momentos é: ¿e logo onde está esa porcentaxe no caso doutras urbanizacións? Fácil resposta, o Concello vendeuda co beneplácito do IGVS e os baioneses nos quedamos cun Concello saneado nas contas (e iso aínda é dubidable) pero con un claro déficit de vivenda protexida.

 

O caso da parcela dos Tendais reservada para vivenda protexida é un caso significativo de como unha unha serie de decisións políticas poden condicionar a economía dunha localidade.

Agora a actual Xunta está nas mans do binomio PSOE-BNG e a Consellería de Vivenda anda tra-la parcela dos Tendais. Non vai permitir outro tipo de edificación na mesma, polo que bloqueará calqueira actuación que se tente facer na parcela e estea fora do ámbito permitido. Ésta é a situación actual, unha excelente parcela de uso público que se emprega como aparcadoiro de maquinaria municipal.

A idea do Concello é construir alí un novo Auditorio Municipal.
¿Cómo se pode desbloquear entonces isto? Caben varias posibilidades:

 

- Que algunha das partes ceda, ou o Concello permite que se constrúan vivendas protexidas ou a Consellería de Vivenda permite un uso dotacional. A posibilidade é remota, porque estamos a falar de políticos, que dificilemente dan o brazo a torcer.

- Permutar o terreo. Quer dicir, que se permita un uso dotacional na parcela a cambio de incrementar edificación nunha futura urbanización.

- Un termo medio. Nos consta que se falou na campaña electoral dalgunha fórmula mixta, pero que non se concretou adecuadamente.

En conclusión, Baiona ten un grave problema de acceso á vivenda, sexa en réxime de propiedade ou de aluguer e, tendo solo para construir, os políticos fican ineficaces ante a situación. Noutros lugares xa se estarían revolucionando os colectivos veciñais, pero como en Baiona non hai, a descoordinación permite que os políticos poidan pasear a súa ineptitude con total impunidade.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >