Baiona é un caso de contaminación flagrante, denuncian os mariscadores, fartos da vertedura de augas fecais. Un estudo da Consellería de Medio Ambiente localizou ata setenta e sete focos de contaminación, entre ilegais e autorizados.
As augas de orixe fecal vértense de forma continuada sobre os bancos marisqueiros e así se pon en perigo o emprego directo de máis de nove mil persoas na comunidade, denunciou a Federación Galega de Confrarías de Pescadores o pasado 12 de xullo, e a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) tomou nota.
Isto é escandaloso, pero o peor de todo é que salten as alarmas agora, cando a Foz leva 1 ano pechada ao marisqueo por contaminación en nas parias como Santa Marta tes que bañarte entre compresas e plásticos contemplando unha ondeante bandeira azul.
Escándalo
Escrito por: María (Invitado) o 08-10-2007